Proximamente publicarase nesta páxina o calendario para o comezo do curso 2020-21.
No se ten previsto, de momento, variar o horario lectivo con respecto ao curso 2019-20.
Información sobre a entrega dos libros de texto e o uso dos armarios.
Proximamente publicarase nesta páxina o calendario para o comezo do curso 2020-21.
No se ten previsto, de momento, variar o horario lectivo con respecto ao curso 2019-20.
Información sobre a entrega dos libros de texto e o uso dos armarios.
ENTREGA DE NOTAS:
EN SECRETARIA,
A ENTREGA SERÁ O XOVES 3 DE SETEMBRO ÁS 10:00 HORAS PARA 2º DE BACHARELATO
ÁS 10:00 HORAS DO VENRES 4 DE SETEMBRO PARA ESO E 1º DE BACHARELATO.
RECLAMACIÓNS:
DESDE O XOVES 3 ÁS 11:00 HORAS ATA O LUNS 7 ÁS 11:00 HORAS PARA 2º DE BACHARELATO.
DESDE O VENRES 4 ÁS 11:00 HORAS ATA O MARTES 8 ÁS 11:00 HORAS PARA ESO E 1º DE BACHARELATO.
Ó sábado 18 de xullo, no auditorio de Mera, tivo lugar a cerimonia de graduación do noso alumnado de 2º de bacharelato. O instituto leva xa celebrados uns cantos actos deste tipo pero, sen ningunha dúbida, este foi moi especial. Agradecer o esforzo do alumnado, sen as gañas e o traballo que puxeron sería imposible realizar esta despedida.
ATENCIÓN: A convocatoria extraordinaria de setembro poder variar en función da alerta sanitaria. Os cambios que podan xurdir aparecerán publicados nesta páxina.
horario-setembro-2020-1
Estes son os modelos para comunicar a conta na que desexan que realicemos o reembolso das viaxes previstas e non realizadas no curso 2019-20.
Información-Centros-ABAU-CD06A_2020
As datas para a realización das ABAU [ver calendario completo de acceso 2020] van aproximándose e de seguro que sabes cales son. Mais é probable que aínda non saibas, outros aspectos de interese como prazos de matrícula e reclamación destas probas, procedemento que se segue, normas para realizar os exames e material que precisas. Todo isto e algunha información máis pódese consultar nos seguintes carteis:
Do 1 ao 10 de xullo de 2020 terá lugar o proceso de matrícula para o vindeiro curso 2020-21 no IES. Por mor da COVID-19, e coa finalidade de evitar colas e aglomeracións, propoñemos a familias e alumnado unha matrícula por quendas -por orde alfabética, que indicamos nas ligazóns pertinentes:
Xuntamos os documentos de matrícula para cada etapa educativa:
Coa colaboración do alumnado de 1º ESO e da comunidade educativa, neste mes de xuño de 2020 levouse a cabo unha poxa benéfica na que se venderon 9 collages do devandito alumnado (realizados no período de estricto confinamento, cos materiais que había a man na casa de cada quen).
A actividade, levada a cabo pola profesora de Tecnoloxía e Ed. Plástica Victoria Fernández Rancaño, obtivo unha recadación de 205 € que se entregarán a Cáritas.
Grazas a todo o mundo pola participación nesta actividade. Vaia para o alumnado creador e doante O NOSO RECOÑECEMENTO:
Alba Alonso | Adrián Barro | Isaac Encinas |
Antía González | Celeste López | Noa Martínez |
José Rodríguez | Anxo Somoza | Blanca Turienzo |