O alumnado de 4º de ESO da materia de Expresión Artística e parte do alumnado de 3º de ESO participaron nas sementeiras do proxectoTERRA.
A actividade consistía en analizar e debuxar o noso barrio dende unha perspectiva urbanística.
O obradoiro foi organizado pola profesora Camino Fernández Robelo do departamento de Artes Plásticas.

Coa colaboración do alumnado de 1º ESO e da comunidade educativa, neste mes de xuño de 2020 levouse a cabo unha poxa benéfica na que se venderon 9 collages do devandito alumnado (realizados no período de estricto confinamento, cos materiais que había a man na casa de cada quen).
A actividade, levada a cabo pola profesora de Tecnoloxía e Ed. Plástica Victoria Fernández Rancaño, obtivo unha recadación de 205 € que se entregarán a Cáritas.
Grazas a todo o mundo pola participación nesta actividade. Vaia para o alumnado creador e doante O NOSO RECOÑECEMENTO:
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)