Arquivo da categoría: Departamento de Xeografía e Historia
Inmersión lingüística
Do 7 ao 13 de marzo de 2020 tivo lugar a viaxe de inmersión lingüística levada a cabo por 13 alumnas e alumnos de Bachibac 1, consistente na estadía en Nantes e nas aulas do lycée polyvalent Raphaël Elizé de Sablé-sur-Sarthe, localidade do pays de la Loire.
Aparte da experiencia de coñecer a cidade de Nantes, o casco histórico de Le Mans e a abadía de Solesmes, esta #InmersiónLingüística_NV permitíu ao alumnado a integración nas aulas de diferentes disciplinas para fomentar a aprendizaxe cotiá da lingua francesa como experiencia consecuente co desenvolvemento dos seus estudos Bachibac.
- Velaquí algunhas fotos da viaxe.
Visita a Compostela
O alumnado de 3º ESO e 1º Bacharelato visitou o 3 de marzo de 2020 a cidade de Compostela para realizar varias actividades.
Por unha banda, o alumnado de 3º ESO realizou un roteiro pola cidade, deténdose en lugares significativos -nos que o propio alumnado actuou de cicerone. Tamén visitaron a exposición que inaugura o #Xacobeo21, “Galicia, un relato no mundo”, na Cidade da Cultura -a esta actividade tamén acudíu o alumnado de 1º Bacharelato.
O alumnado de Bacharelato visitou ademáis o restaurado Pórtico da Gloria. Finalmente, unha semana e un día despois da conmemoración do “Día de Rosalía”, todo o alumnado se rendeu no Panteón de Galegos Ilustres para honrar á nosa excelsa poetisa.
En suma, foi un día de experiencias e aprendizaxes intensas.
Unha tarde de cine
Un total de 74 alumnas e alumnos de 4º ESO e 1º Bacharelato tiveron a oportunidade de disfrutar dun ensino da historia “diferente” e “alternativo”, a partir do visionado do film de Sam Mendes “1917”, este luns 20 de xaneiro, nos cines Yelmo de Espacio Coruña.
Gravado e ambiente
Na derradeira semana do trimestre, o departamento de Xeografía e Historia organizou dúas saídas á cidade de A Coruña para visitar dous lugares emblemáticos: o Museo de Belas Artes e a Fundación ABANCA.
No Museo de Belas Artes, nunha visita xa habitual, o alumnado de 4º ESO aprendeu as técnicas do gravado e coñeceu de perto a obra de Goya como gravador.
Na Fundación ABANCA, o alumnado de 4º ESO coñeceu unha exposición baseada nunha serie de Netflix, “O noso planeta”, e participou nun obradoiro sobre comunicación para concienciar sobre os problemas do planeta no que vivimos hoxe en día.
Velaquí algunas fotos destas actividades.
FELICITACIÓNS AO ALUMNADO BACHIBAC
En nome de toda a comunidade educativa, queremos felicitar aos estudantes da promoción Bachibac 2019, que recibiron na data de hoxe os resultados da Proba Externa do BACCALAURÉAT (Bacharelato Francés), superada por todos eles con excelentes resultados. Facemos extensiva a citada felicitación ao profesorado implicado no programa.
Desexámoslles unha feliz andadura nesta nova etapa que agora comezan. Noraboa!
SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA
O alumnado de 2º de bacharelato de Historia da Arte estivo o día 7 de marzo de visita en Santiago. O percorrido de día completo permite visitar edificios de diversos estilos artísticos e preparar a proba de ABAU. Este ano a novidade foi poder visitar o Pórtico da Gloria despois de anos pechado por unha restauración que lle devolveu a súa imaxe máis orixinal.
OLIMPíADAS DE XEOGRAFÍA E FÍSICA
O pasado venres 22 de febreiro oito estudantes do instituto participaron nas Olimpíadas de Xeografía e de Física. Unha experiencia na que tiveron a posibilidade de facer unha proba na Universidade, de enfrontarse a retos académicos máis complicados do habitual e de coñecer a estudantes e profesores doutros centros. Noraboa aos oito participantes!!!
LABELFRANCEDUCATION para o Neira
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de comunicar ao noso centro que foi mercedor do LABELFRANCEDUCATION do MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES de Francia.
O LabelFrancEducation é unha prestixiosa distinción outorgada en todo o mundo aos centros educativos que sobresaen por ofrecer un ensino bilingüe da lingua e a cultura francesas de calidade e excelencia. Seguir lendo LABELFRANCEDUCATION para o Neira
Visita á AEMET do alumnado de Xeografía de 2º de bacharelato
