En nome de toda a comunidade educativa, queremos felicitar aos estudantes da promoción Bachibac 2019, que recibiron na data de hoxe os resultados da Proba Externa do BACCALAURÉAT (Bacharelato Francés), superada por todos eles con excelentes resultados. Facemos extensiva a citada felicitación ao profesorado implicado no programa.
Desexámoslles unha feliz andadura nesta nova etapa que agora comezan. Noraboa!
O alumnado de 2º de bacharelato de Historia da Arte estivo o día 7 de marzo de visita en Santiago. O percorrido de día completo permite visitar edificios de diversos estilos artísticos e preparar a proba de ABAU. Este ano a novidade foi poder visitar o Pórtico da Gloria despois de anos pechado por unha restauración que lle devolveu a súa imaxe máis orixinal.
O pasado venres 22 de febreiro oito estudantes do instituto participaron nas Olimpíadas de Xeografía e de Física. Unha experiencia na que tiveron a posibilidade de facer unha proba na Universidade, de enfrontarse a retos académicos máis complicados do habitual e de coñecer a estudantes e profesores doutros centros. Noraboa aos oito participantes!!!
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de comunicar ao noso centro que foi mercedor do LABELFRANCEDUCATION do MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES de Francia.
O LabelFrancEducation é unha prestixiosa distinción outorgada en todo o mundo aos centros educativos que sobresaen por ofrecer un ensino bilingüe da lingua e a cultura francesas de calidade e excelencia. Seguir lendo LABELFRANCEDUCATION para o Neira→
…Para comprobar como se realizan as medicións analóxicas de temperatura, precipitación, presión e ventos no xardín do Observatorio,… Para comprobar como a radio-sonda lanzada dúas veces por día transmite informacións sobre a atmosfera en altura,… Para conhecer como se traballa na web da Axencia Estatal de Meteoroloxía,… Para preguntar sobre meteoros, catástrofes naturais e cambio climático antropoxénico.
O alumnado de Xeografía de 2Bach visitou o Observatorio Meteorolóxico da Coruña o 6 de novembro de 2018… A clase continúa o xoves 8, na cafetería do centro educativo.
O pasado 19 de febreiro realizouse a homenaxe no Parlamento de Galicia aos deportados galegos en Mauhaussen coa lectura pública dos cento noventa e tres nomes realizada polo alumnado de 4º curso do IES Plurilingüe Neira Vilas e as palabras do presidente do Parlamento en presencia dos familiares, os representantes de todos os grupos políticos e as altas autoridades de Galicia. Seguir lendo Homenaxe aos deportados galegos no Parlamento de Galicia→
O día 18 de xaneiro o alumnado do 1º de ESO do Instituto Neira Vilas, acudiu ao museo arqueolóxico de A Coruña para realizar talleres de arqueoloxía. Alumnos monitores ensinaron aosseus compañeiros as pezas arqueolóxicas e deseñaron as guías didácticas para completar a información. Seguir lendo Experiencia de arqueoloxía e difusión no museo arqueolóxico→