ATENCION: ULTIMO DÍA ENTREGA DE LIBROS TEXTO DO FONDO DO ANPA

En atención ao cumplimento do protocolo COVID19, e por non interferir coa actividade lectiva e coincidir con alumnado e profesorado no instituto, cambiamos a data inicialmente prevista de luns día 28/09/2020 polo martes 29/09/2020, no mesmo horario de 16:00 a 18:00 horas, para entrega de lotes pendentes de libros de texto ou recollida de novas solicitudes. Tamén poderedes enviar solicitudes ou avisos por correo electrónico ao enderezo anpaneiravilas@gmail.com. Disculpade as molestias.

A partir dese día non se gardará ningún libro a ninguén que non pasara a recollelos nin avisara, pois quedou xente sen libros e disporemos destes para dar a quen os precise.

Grazas

INICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA

Comezamos a andaina deste curso desenvolvendo un PROGRAMA DE ACOLLIDA” (“Instrucións do 30 de xullo 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa”) que desenvolveremos coa incorporación gradual dos distintos niveis e no que desenvolveremos actividades globalizadas agrupadas nas seguintes temáticas:

a) Novas normas de organizacion e funcionamento do centro.
b) Actuacions de prevencion, hixiene e proteción.
c) Acións formativas para a mellora da competencia dixital do alumnado necesaria para o seu desenvolvemento na modalidade de ensino presencial ou, de ser o caso, non presencial.

BENVIDA AO NOVO CURSO 2020-21!

ENTREGA LIBROS DE TEXTO SOLICITADOS A ANPA

Mañán venres 18 e o luns 21 faremos entrega dos libros de texto que se vos concederon dos SOLICITADOS Á ANPA nos horarios comunicados polo equipo directivo:

• De 9.00 a 11.30 horas para 1° e 2° ESO na oficina da ANPA.
• De 11.30 a 13.30 horas para 3° e 4° ESO na aula de Plástica.
Pedimos respetedes estes turnos, pois non contamos con xente para desdoblar o reparto, así como máscara, paciencia e distancia de seguridade nas esperas.
Se alguén renuncia á súa petición ou non poidera asistir nestes horarios deberá comunicalo por correo electrónico para buscar algunha alternativa.
Grazas pola vosa colaboración.

Entrega de notas e reclamacións. Setembro 2020

ENTREGA DE NOTAS:

EN SECRETARIA,

A ENTREGA SERÁ O XOVES 3 DE SETEMBRO ÁS 10:00 HORAS PARA 2º DE BACHARELATO

ÁS 10:00 HORAS DO VENRES 4 DE SETEMBRO PARA ESO E 1º DE BACHARELATO.

RECLAMACIÓNS:

DESDE O XOVES 3 ÁS 11:00 HORAS ATA O LUNS 7 ÁS 11:00 HORAS PARA 2º DE BACHARELATO.

DESDE O VENRES 4 ÁS 11:00 HORAS ATA O MARTES 8 ÁS 11:00 HORAS PARA ESO E 1º DE BACHARELATO.

Consellería de Educación: A saúde é unha cuestión de familia

CONFAPA GALICIA solicita a túa sinatura de apoio para esixir á  Xunta de Galicia que as familias estean representadas na revisión do Protocolo de adaptación ao contexto da COVID19 na Mesa Sectorial creada pola Consellería de Educación.

Consideramos  que as familias teñen un papel básico na educación para  a saúde e na prevención da COVID19 e son en última instancia as que sofren as consecuencias dunha mala planificación que podería provocar infeccións entre os nosos fillos.

Estamos a tentar conseguir sinaturas e necesitamos todo o apoio que sexa posible. Podes ler máis e asinar a petición aquí:
Enlace

Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)