O Neira Vilas ten o orgullo enorme de informar de que os nosos ex-alumnos Issouf Kone e Mbemba Drammeh resultaron merecedores de sendos Premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2024-2025, outorgados pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación profesional e dos que só se concederon un total de vinte para toda Galicia. A comunidade educativa do Neira Vilas celebra este éxito persoal e académico de dous alumnos excelentes que constitúen un exemplo de superación, aprendizaxe e compañeirismo para todos/as nós e, asemade, deséxalles aos agraciados que este sexa o comezo dun feliz porvir. Noraboa!!
OUTRO CURSO MÁIS DE CLUB DE LECTURA!

PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA EDUEXCHANGES

Nadal saudable
O alumnado de 2º ESO e o Departamento de Lingua Galega, dentro da programación da materia Proxecto Competencial, xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega animaron a comunidade educativa do noso centro para gozar dun Nadal saudable.

Felicitación Nadal 2025

RECITAL DE PANXOLIÑAS NA RESIDENCIA DE MAIORES “RAIOLA”
O alumnado de 2°C foi cantar o Nadal á residencia de maiores Raiola o xoves 18 de decembro nunha iniciativa organizada polo Departamento de Música e o Equipo de dinamización lingüística do centro. As emocións foron moitas e gozamos da compaña. Amais do aguinaldo en forma de comida tamén tivemos estas marabillosas felicitacións das festas. Moitas grazas pola acollida!
SUBVENCIÓN CONCEDIDA POLO CONCELLO DE OLEIROS
A Resolución 2025002226
da Sétima tenente de Alcalde, delegada de Cultura e Normalización Lingüística, Ensino e Xuventude, do 5 de maio de 2025 vén de conceder ao noso instituto 11.361 € en concepto de subvención para a realización de actividades educativas complementarias e adquisición de material didáctico de carácter funxible.
25 N no Neira
REMATE DO INTERCAMBIO ERASMUS+
O xoves 20 de novembro foi o último día da acollida do alumnado francés do intercambio Erasmus+ no noso centro. Con ese motivo tivemos o pracer de recibir a visita de Stéphanie Wojtyna e Sophie Flament Drapeau, profesoras do Lycée Henri Martin, de Saint-Quentin, no que estudan as dúas alumnas Mélissa e Chloe do Erasmus. As docentes estiveron acompañadas de Sonia Vázquez e Patricia Ares, responsables da Asesoría de programas europeos da Consellería. Foi un pracer compartir con elas o proxecto plurilingüe e Bachibac do noso instituto, así como valorar os resultados do intercambio Erasmus+, que resultou un éxito tanto académico como persoal para o alumnado participante.
VISITA DO AGREGADO DE COOPERACIÓN PARA O FRANCÉS E DA DIRECTORA DA ALLIANCE FRANÇAISE DA CORUÑA

No marco dos proxectos e accións relacionados co estudo do francés e da francofonía no noso instituto, este mércores 19 de novembro tivemos o enorme pracer de recibir no centro a Valérian Bayo-Rahona, agregado de cooperación para o francés na Embaixada francesa en Madrid e coordinador das Alianzas francesas de España, xunto con Sabrina Bermúdez, directora da Alliance française da Coruña. O obxectivo da visita era coñecer o proxecto plurilingüe do noso instituto, membro do selo “Label FrancÉducation” (https://www.