
PARTICIPACIÓN EN EDUEXCHANGES E REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O INTERCAMBIO DE BACHIBAC 1

O 19 de decembro de 2024 comezou a mañá coa charla Diversidade para todes na que reflexionamos sobre os nosos referentes da música ou da lectura, por exemplo, e démoslle un par de voltas a que nos trasmite esta sociedade respecto dos valores de igualdade. Seguir lendo O ESCRITOR ERIC DOPAZO ACHEGOUSE AO NOSO CENTRO PARA UNS ENCONTROS MOI ESPECIAIS
O 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, todo o IES Xosé Neira Vilas puxo o seu gran de area contra a violencia machista.
Foi un día de loito no que profesorado e alumnado nos vestimos de negro para conmemorar ás vítimas desta lacra social. Ademáis,durante toda a xornada, as portas das nosas aulas vestiron os nomes das 40 mulleres mortas a causa da violencia machista no que vai de ano, visibilizando así a todas aquelas que non deben ser esquecidas. Seguir lendo 25N no Neira Vilas
Seguir lendo CHARLAS DO PROGRAMA “QUE NON TE LÍEN, TI ELIXES”
Neste Samain a biblioteca do Neira Vilas estivo repleta de actividades! O noso alumnado puido disfrutar de dúas xornadas de curtametraxes de terror que, entre risas e sobresaltos, fixeron vibrar as nosas cadeiras. Ademais, Sabela A. e Sofía A. , de 1º ESO A, realizaron unha marabillosa presentación na que aprendemos sobre os costumes e actividades asociadas a esta festividade.