Entroido 2017

O 24 de febreiro tivo lugar o concurso de disfraces co gallo do Entroido. Mentres o xurado deliberou a quen concederlle os premios, tamén se recitaron desde o escenario do Salón de Actos os testamentos que preparou o alumnado do primeiro ciclo de ESO. O primeiro premio individual foi para Alberto Pérez Vishneuskiv, alumno de 1º da ESO, mentres que o segundo recaeu en Sergio Carnero Cadavid, alumno de 2º da ESO. O primeiro premio para grupos recaeu en Lucía Hermida e Antela Couceiro, de 4º da ESO, e o segundo no grupo de rockeiras integrado por alumnas de 3º da ESO. 

Obradoiro de banda deseñada

Os días 7, 8 e 9 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º de ESO acudiu á Biblioteca Rialeda para asistir a un obradoiro de banda deseñada impartido por Fran Bueno. Traballaron as técnicas de elaboración dun cómic e realizaron un guión. Colaboraron na organización da actividade o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, O Departamento de Plástica, o Departamento de Lingua Galega, o Departamento de Lingua Castelá, Vicedirección, o Servizo de Normalización da Lingua Galega do Concello de Oleiros e a rede de Bibliotecas Municipais do concello.

Visita á Santiago de Compostela

O 7 de marzo, o alumnado de Historia da Arte e de Historia da Música e a Danza realizou unha saída a Santiago de Compostela. Visitaron á Catedral, incluíndo os tellados, e viron outros edificios significativos (Hostal dos Reis Católicos, Santo Domingo de Bonaval, Convento de Santa Clara) que lles permitiu repasar fundamentalmente o estudado da arte románica e barroca.

Xornada Informativa sobre a E.T.S. de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Coruña

Charla ETS Enseñería CCPO pasado 15 de febreiro, estiveron con nós Ignacio Colominas, director da escola de enxeñaría, e Iván Couceiro, para falarnos das grandes obras de enxeñaría que desenvolve un titulado que remata os dous graos que se poden cursar:

  • Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
  • Grao en Enxeñaría de Obras Públicas.

Máis información…

Charla sobre supercondutividade

Dentro do programa “APONTE” da USC  (Universidade de Santiago de Compostela) o profesor Jesús Manuel Mosqueira Rey impartiu unha charla  sobre supercondutividade dirixida á alumnado de 1º e 2º de bacharelato.

O relator, que é profesor da Facultade de Física e ademais é investigador no Laboratorio  de Baixas Temperaturas e Supercondutividade da USC , falou sobre a investigación e as numerosas aplicacións dos materiais supercondutores.

Unha das aplicacións máis espectaculares é a levitación magnética que o profesor presentou por medio dunha maqueta de tren.

Alumnos contan a profesores a súa experiencia investigadora

cefore_febreiro_2017_4Alumnos de 1º e 3º de ESO do noso Instituto relataron a súa actividade de traballo na clase de Historia. Foi realizado o pasado día 21 de Febreiro no Centro de Profesores de A Coruña a un grupo de docentes e dentro do curso  “Fontes para a investigación Histórica” no que son relatores os profesores do Departamento de Xeografía e Historia, Jorge Calle, Xosé Antón García e Carmen G-Rodeja.

Alumnos de 1º e 3º de ESO do noso Instituto relataron a súa actividade de traballo na clase de Historia a  un grupo de docentes e dentro do curso  “Fontes para a investigación Histórica” no que son relatores os profesores do Departamento de Xeografía e Historia, Jorge Calle, Xosé Antón García e Carmen G-Rodeja.

A actividade realizouse o pasado 21 de Febreiro no Centro de Profesores de A Coruña (CEFORE) e participaron os alumnos Orleni Mateo, Victor Veloso, Hellen Diel, Claudia Pampín, Lara  Nombela, Brandon Vázquez e Efrén Nieto que expuxeron os seus traballo de investigación histórica con fontes escritas orais e documentais, os obxectivos, o proceso de investigación e os resultados obtidos nas clase de Historia e Xeografía de 1º e 3º da ESO.

Concurso de retratos “O teu Balbino do século XXI”

O departamento de Normalización Lingüistica en colaboración co Departamento de Plástica organizaron o concurso de retratos “O teu Balbino do século XXI”. Os gañadores foron José Vázquez Longueira, Sarai Muíños Blanco, Rocío Pérez Colombo, Carla Franco Molina de 4º da ESO e Irene Míguez Gracia de 2º de Bacharelato.

Concurso de conxuros

O día 21 de decembro o Equipo de Dinamización da Lingua Galega entregou os premios dos conxuros de Samaín, cuxa temática xiraba arredor do tema do proxecto deste curso no centro, “O Humano”, xa que o alumnado participante tiña que crear un conxuro para humanizar aquilo que lle resultase demasiado inhumano. Os gañadores foron María Rodríguez Mejuto, Pablo Castiñeiras Armada e Javier Moya Sánchez, de 2º da ESO. Pódense consultar os textos gañadores no blogue da biblioteca do centro:
Enlace aos relatos

Visita ao Museo Arqueolóxico

Para organizar a próxima visita dos seus compañeiros, un grupo de alumnos de 1º de ESO  estivo no Museo Arqueolóxico onde prepararon as actividades didácticas e o taller de arqueoloxía.

Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)