Paisaxe e parques naturais

Baixo a dirección de Natalie Honan, auxiliar de conversa de inglés, e coa colaboración das profesoras Esther Díaz e Natalia Val, do departamento de plástica, e Mercedes Dopico do departamento de inglés, os alumnos de 1º ESO participaron no proxecto a paisaxe.
Elixiron un parque natural e buscaron información sobre o mesmo. Despois escribiron unha tarxeta postal imaxinando que o estaban visitando e contaron o que estaban a facer. Por último, debuxaron o parque e destacaron algunas das súas características e as actividades que podían facer alí. O seu traballo pódese ver no corredor do instituto.

A paisaxe e receitas

Baixo a dirección das profesoras Natalia Val, do departamento de plástica, Gloria Pérez, do departamento de inglés, e Natalie Honan, auxiliar de conversa desta lingua, os alumnos de 3º B ESO participaron no proxecto do centro, a paisaxe, coa elaboración duns posters.

Despois de selecionar os países sobre os que ían traballar, elixiron fotos representativas da paisaxe dos mesmos e unha receita dun doce ou comida representativa, que escribiron en inglés. Finalmente, debuxaron unha mostra do prato cociñado e fixeron unha composición con todos eles, que está exposta no corredor do centro.

Homenaxe a Nacho Taibo

Este ano a AELG decidiu escoller a Nacho Taibo, profesor que formou parte do claustro do IES Neira Vilas durante moitos anos, como “Escritor na súa terra – Letra E”, na súa vixésimo cuarta edición. O centro unirase ás homenaxes ao compañeiro coa organización dunhas xornadas dedicadas ao seu labor docente e creativo que terán lugar o xoves 24 e venres 25 de maio de acordo co seguinte programa: Seguir lendo Homenaxe a Nacho Taibo

Gañadores do “Desafío Cambio Climático”, Galiciencia 2018

Os alumnos de 4º de ESO integrantes do grupo “Chouchous III”: Danick Ramos, Eduardo Xavier Bargiela e Lucas Canle; proclamáronse o pasado venres gañadores da final do “Desafío Cambio Climático” que tivo lugar durante a súa visita á feira de investigación científica “Galiciencia 2018”.

Dende aquí queremos felicitar a todo o alumnado do Contrato-Programa para acadar a excelencia en competencias STEM participante en dito desafío, moi especialmente ós gañadores, pola súa orixinalidade nos materiais elaborados e o seu gran traballo en equipo. Un agradecemento tamén especial merece o noso compañeiro “Xosea”, peza fundamental para acadar este éxito.

Visita a Galiciencia 2018. Final do “Desafío Cambio Climático”

O alumnado participante no Contrato-Programa para acadar a excelencia en competencia STEM visitará este venres 11 de maio a feira de investigación científica “Galiciencia 2018”, que terá lugar no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense. En dito evento o alumnado asistirá e participará en diferentes conferencias e talleres relacionados co cambio climático, tema ó que se dedica esta edición de Galiciencia. Seguir lendo Visita a Galiciencia 2018. Final do “Desafío Cambio Climático”

Día da Ciencia na rúa

O sábado 5 de maio celebrouse no parque de Santa Margarita a XXIII edición do “Día da Ciencia na rúa”, actividade organizada pola “Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias”.
Como ven sendo tradición nos últimos anos, o noso centro non faltou a esta importante cita ca ciencia cidadá. Neste edición participaron ó longo do día preto de cincuenta rapaces e rapazas realizando diferentes actividades científicas e explicándollas á xente que se acercaba.
Entre as actividades expostas polo noso alumnado podíamos atopar: O ladrón de xulios, anatomía con realidade aumentada, placas termoeléctricas, a fabricación de xabón, o funcionamento dos órganos do corpo, correntes de Foucault, pilas de froitas, flores de cores, libros inseparables, trucos de cartas, motor homopolar, a cicloide, a paisaxe celular, tren magnético e fluídos non Newtonianos entre outras. Seguir lendo Día da Ciencia na rúa

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR “ENGLISH CLUB”

A actividade extraescolar organizada pola anpa “English Club” está conseguindo moitos éxitos, tanto aquí coma no centro de fala inglesa co que colaboramos, o Blackburn Central High School.

Na páxina do centro fan unha mención especial á nosa actividade, e alaban o enorme éxito que está tendo, tanto a nivel de aprendizaxe da lingua como das relacións interpesonais que se consiguen a través da comunicación entre o alumnado de ambos centros.

Hello to our Spanish Sister School

Noraboa a todos e a todas polo esforzo e os resultados acadados!!!

 

Charla sobre diversidades sexuais

CharlaO pasado mes, Noa Osa, de 1ºA de ESO, impartiu unha charla sobre diversidades sexuais aos alumnos de 2ºESO do IES Salvador de Madariaga na materia de Valores Eticos. Como unha gran profesional aclarou difrentes termos e a diferenza entre orientación sexual e identidade sexual. Tamén explicou que é o colectivo LGTB e que accións realizan. Pero sobre todo, foi unha charla sobre o respeto, a aceptación e a integración.

Actividades de Educación Física

Actividades Educación Física
2º de ESO

Dende o Departamento de Educación Física en coordinación co concello de Oleiros que as financiou na súa totalidade, realizáronse varias actividades no mes de abril, dirixidas a distintos niveis educativos. Así pois, os alumnos de 2º de ESO, o martes 17 de abril foron ó pavillón de Bastiagueiro, onde realizaron a actividade de “Iniciación á Escalada”. Seguir lendo Actividades de Educación Física