Despois dun mes de organización, planificación, probas e máis probas… chegou o Samaín!
Por unha parte, os grupos de terceiro da ESO coordinan a decoración do centro e preparan o Túnel do Terror, e, por outra, o Magosto e os Xogos Populares dos que gozaremos na festa despois do segundo tempo de lecer. Os nervios comezan a facer acto de presenza, pero non hai nada que consiga asustar o noso alumnado… ou quizais si… hahahahahahahahaha!
O recendo a aciñeira e a castaña asada enche todos os currunchos do instituto e anímanos,xa co estómago cheo, a participar da corda, do pano, das mazarocas, das pedriñas, da petanca ou do Túnel do Terror.
E aínda que non queremos que a troula remate… toca recoller! Que peniña…
Non queremos marchar sen antes agradecervos o voso esforzo: Grazas xentiña de 3º da ESO polo labor incrible, pola marabillosa organización, por facernos pasar un tempiño divertidísimo e sobre todo… polos sustos! Voltamos o próximo ano!