Visións paisaxísticas de Oleiros
A Fábrica
Dexo-Serantes
Faro de Mera
Finca Tenreiro
Mirador de Nirvana
Porto de Lorbé
Rialeda
Todolos artigos de: vicedireccion
Actividade de final de trimestre
A performance de final do primeiro trimestre adicouse á paisaxe como obxecto de traballo e estudo. Esta actividade forma parte do proxecto interdisciplinar que durante este curso coordina a Biblioteca.
Como ven sendo habitual a colaboración de profesorado e alumnado deu lugar a un espectáculo audiovisual, teatral, declamatorio e discursivo no que participaron máis de 20 profesores e 50 alumnos.
Seguir lendo Actividade de final de trimestre
Planetario
Como actividade fin de trimestre instalamos no salón de actos do centro un planetario hinchable no que todos os alumnos puideron desfrutar da proxección da paisaxe do universo e de realidade aumentada.
A paisaxe celular
Durante o 1º trimestre alumnos de 3º e 4º da ESO elaboraron maquetas e murais da célula, tecidos e mitose-meiose. Utilizaron diversos materais, nunha particular e orixinal interpretación da Paisaxe Celular. Os traballos están expostos nos corredores do centro.
MAQUETAS DA CÉLULA (descarga)
Saída didáctica á praia de Santa Cristina
No mes de Novembro os alumnos de 1º de ESO fixeron unha saída didáctica á Ría do Burgo e praia de Santa Cristina. Despois dunha explicación impartida polos monitores do Concello de Oleiros os alumnos baixaron á praia onde desenvolveron unha serie de actividades de interpretación ambiental, xogos de orientación e observación da flora e fauna da zona.
Concurso de conxuros
O pasado 21 de decembro entregáronse os premios ás gañadoras do concurso de conxuros que o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou no Samaín. As vencedoras foron as alumnas de 1º de ESO Lucía Gestoso, Brenda Franco e Marina Franco. Pódense consultar os textos no blog da biblioteca “O faiado de Balbino”.
Felicitación Nadal 2017
Vista á EDAR de Bens
Os días 21 e 28 de Novembro alumnos de 32 de ESO e 1ª de bacharelato fixeron unha visita, organizada polos departamentos de Física e Química e de Tecnoloxía, á planta de tratamento da augas residuais EDAR de Bens.
Despois dunha explicación do proceso de recollida e tratamento das augas fixeron unha percorrido polas instalacións. Seguir lendo Vista á EDAR de Bens
Homenaxe á Neira Vilas e Anisia Miranda
O venres día 1 de decembro tivo lugar a homenaxe a Neira Vilas. Todo o profesorado e alumnado reuniuse para escoitar as palabras do director do centro, de Pepe Carballude e do presidente da Fundación Neira Vilas, Luis Reimóndez. José Vázquez e Sarai Muiños, estudantes de 1º de Bacharelato, leron un poema do autor dedicado a Anisia Miranda e, para finalizar, Jesús Fernández, profesor do Departamento de Música, Laura Fernández, a Xefa de Estudos, e parte do alumnado interpretaron o poema “Ai, amor!”. Seguir lendo Homenaxe á Neira Vilas e Anisia Miranda
Semana Neira Vilas
Do 27 de novembro ao 1 de decembro este ano celebraremos a Semana Neira Vilas a través de varias actividades. Por unha banda, o Departamento de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Plástica convoca o concurso “As paisaxes de Anisia”. A partir da lectura de textos sobre a vida e obra de Anisia Miranda, o alumnado realizará unha obra plástica que recolla as súas imprensións. Por outra banda, o venres 1 de decembro haberá unha homenaxe na que participará todo o centro. Contarase coa presenza de Luis Reimóndez, presidente da Fundación Neira Vilas, e Pepe Carballude. Ambos terán un encontro co alumnado de 3º e 4º da ESO para lembrar a figura do escritor e de Anisia Miranda.
