Nunha colaboración interdisciplinar na que ten participado alumnado de 1º ESO, recreamos a Grecia antiga a través de diversos elementos: imaxes deconstruídas, videos, visual thinking, infografías e bandas deseñadas.
Todolos artigos de: vicedireccion
Contactar en estado de alarma
Diante da necesidade de continuar co ensino a distancia neste período, publicamos –DE CARA ÁS FAMILIAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA, unha guía cos métodos de seguimento de aulas online por parte do profesorado de cada curso e o contacto preferente co profesorado en caso de dúbida. Pódese consultar -facendo click- na ligazón PDF ou ben en Calaméo.
SAÚDE A TODAS E TODOS!!!
#CienciaNaCasa_NV
O domingo 10 de maio de 2020 íase celebrar o Día da Ciencia na Rúa en A Coruña, e este centro ten hábito de participar.
Este ano, dadas as circunstancias, non se pode facer. Por iso o sustituimos polo día da #CienciaNaCasa_NV. Aquí colgaremos, polo tanto, algunhas das actividades realizadas polo alumnado nas súas propias casas.
Juan Santamaría
Toda a comunidade educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas lamenta profundamente o falecemento do profesor de Relixión Juan Santamaría.
O enterro será mañá venres ás 16h no Cemiterio de Catabois (Ferrol) e o funeral ás 17h na Concatedral de San Xulián.
Dous autobuses para o alumnado partirán dende o instituto (aparcamento da piscina de Perillo) ás 14:45h, con regreso ao remate dos actos funerarios.
O venres 21 de xuño suspéndese toda a actividade do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas en sinal de loito.
DUBLÍN 2019
Durante esta última semana de curso 45 estudantes de 4º de ESO, acompañados polos profesores María Blanco, Mª José Fandiño e Agustín Fernández Gago, están a desfrutar da VIAXE FIN DE ETAPA 2019 a Irlanda. Seguir lendo DUBLÍN 2019
NEIRAVIAXE 2019
Presentamos o vídeo do primeiro NeiraNaukas que se pode visualizar premeNdo sobre a LIGAZÓN ou sobre a imaxe.
O próximo xoves 20 de xuño, como acto de despedida do curso, realizaremos unha nova presentación dentro do proxecto deste curso NeiraViaxe.
CONCERTO FIN DE CURSO
O pasado venres día 14 de xuño celebrouse o Concerto Fin de Curso do noso instituto. Participou todo o alumnado de 2º e 3º ESO, xunto con aqueles de 4º ESO que cursaron Música como materia optativa.
ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO
O día 7 de xuño o alumnado de 3º de ESO do Neira Vilas participou no Roteiro Cultural e Literario, actividade na que se visitan diferentes lugares relacionados con personaxes representativas do Concello de Oleiros, tendo como guías a grupos de alumnos que previamente realizaron unha labor de investigación e documentación. Neste ano 2019 as personaxes escollidas foron Luis Seoane, Rosalía Mera e Felipe Criado. Seguir lendo ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO
ESCRITORES NA BIBLIOTECA ESCOLAR
Durante os últimos días a biblioteca do Neira Vilas tivo unha intensa actividade literaria, xa que varios autores de recoñecido prestixo dentro la Literatura Galega estiveron compartindo o seu coñecemento co alumnado do noso instituto. Seguir lendo ESCRITORES NA BIBLIOTECA ESCOLAR
OS CAMIÑOS QUE NON TOMACHES
O pasado día 27 de maio o exalumno do noso instituto Antón Blanco Rey, compartiu co alumnado de 1º de bacharelato a súa experiencia de Gap Year. Este termo inglés refírese a un período, xeralmente dun ano entre a finalización de los estudos de bacharelato e o comezo na universidade, no que o estudante realiza unha aprendizaxe a través dunha experiencia intercultural, que implica un importante proceso de reflexión. Esta experiencia está bastante xeralizada nalgúns países anglosaxóns, pero é menos frecuente entre os nosos estudantes. Seguir lendo OS CAMIÑOS QUE NON TOMACHES