O pasado 18 de decembro o alumnado de 3º e 4º de ESO participou nunha clase maxistral de Jugger, a cargo dos integrantes do clube GUARDIA VAREGA. Esta actividade foi organizada polo departamento de Educación Física, a proposta de parte do alumnado de 4º de la ESO, que son integrantes do citado clube e participantes da liga galega de JUGGER Seguir lendo Sesión de Jugger no Neira Vilas
Arquivo da categoría: Actividades
Sesión de Body-Box para 1º de ESO
O alumando de 1º de ESO participou os pasados días 8, 15 e 22 de novembro nunhas sesións de Body-Box, impartidas para cada grupo por especialistas na materia no ximnasio da Piscina Municipal de Perillo.
Esta actividade foi organizada polo departamento de Educación Física e subvencionada na súa totalidade polo Concello de Oleiros.
Semana Neira Vilas
Durante a semana do 26 ao 30 de novembro o noso centro homenaxea ao escritor do cal recibe o nome, coincidindo co cabodano do seu falecemento, o 27 de novembro de 2015. Este é o terceiro ano consecutivo no que o instituto organiza estas actividades en memoria da figura literaria de Xosé Neira Vilas.
Vídeo da Semana Neira Vilas 2018. Realización e producción de Hakaneirafilms
Galería de fotos de Alberto Pombo
A continuación descríbense as actividades organizadas para cada un dos días desta semana.
Obradoiro de robótica para 3º de ESO
O pasado martes 20 de febreiro o alumnado de 3º de ESO desprazouse, acompañado polo profesorado de tecnoloxía, á Fundación Barrié da Coruña para participar na actividade “Achégate á robótica“.
Neste obradoiro os estudantes programaron os robots educativos Makeblock mBot para superar diferentes retos.
O GALEGO, A MIÑA LINGUA PROPIA: Paula Caballeira
O pasado luns 12 de novembro estivo no instituto a escritora Paula Carballeira, compartindo co alumnado de 2º de ESO unha actividade de Dinamización da Lingua Galega: Historias de Arrepío.
Seguir lendo O GALEGO, A MIÑA LINGUA PROPIA: Paula Caballeira
Visita á AEMET do alumnado de Xeografía de 2º de bacharelato

Estudantes de 2º de bacharelato forman parte do xurado do Premio Literario San Clemente
O pasado martes 30 de outubro Guillermo Huelin, Victoria Prado, Irene Rodríguez, Iris Lopetegui, Clara Bode e Lucía Hermida formaron parte do xurado do Premio San Clemente Rosalía-Abanca, xunto con outros estudantes de diferentes institutos tanto galegos coma doutros países. Seguir lendo Estudantes de 2º de bacharelato forman parte do xurado do Premio Literario San Clemente
Proxección de cine: “First man”
Neil Armstrong é retratado polo cineasta Damien Chazelle na súa esfera privada e profesional en “First Man”, un filme que tenta contarnos minuciosamente a “década bisagra” do enxeñeiro que pisou por primeira vez o noso satélite -á par que radiografía as dificultades no camiño cara ao obxectivo final. O alumnado de 4º ESO e 1°de Bacharelato tivo ocasión de acudir a unha proxección no cine este 22 de outubro de 2018, a menos dun ano da efeméride da primeira alunizaxe.