Neil Armstrong é retratado polo cineasta Damien Chazelle na súa esfera privada e profesional en “First Man”, un filme que tenta contarnos minuciosamente a “década bisagra” do enxeñeiro que pisou por primeira vez o noso satélite -á par que radiografía as dificultades no camiño cara ao obxectivo final. O alumnado de 4º ESO e 1°de Bacharelato tivo ocasión de acudir a unha proxección no cine este 22 de outubro de 2018, a menos dun ano da efeméride da primeira alunizaxe.




O alumnado participante no Contrato-Programa para acadar a excelencia en competencia STEM participou o pasado luns 28 de maio nunha actividade de “Scape room” levada a cabo no noso centro pola compañía Clue Hunter.
Os alumnos de 4º de ESO integrantes do grupo “Chouchous III”: Danick Ramos, Eduardo Xavier Bargiela e Lucas Canle; proclamáronse o pasado venres gañadores da final do “Desafío Cambio Climático” que tivo lugar durante a súa visita á feira de investigación científica “Galiciencia 2018”.
O alumnado participante no Contrato-Programa para acadar a excelencia en competencia STEM visitará este venres 11 de maio a feira de investigación científica “Galiciencia 2018”, que terá lugar no Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense. En dito evento o alumnado asistirá e participará en diferentes conferencias e talleres relacionados co cambio climático, tema ó que se dedica esta edición de Galiciencia.
O sábado 5 de maio celebrouse no parque de Santa Margarita a XXIII edición do “Día da Ciencia na rúa”, actividade organizada pola “Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias”.