O 13 de novembro de 2014, o alumnado de Ciencias do Mundo Contemporáneo de 1º Bacharelato realizou unha visita ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña, participando no programa didáctico “Desafíos MUNCYT”. A actividade incluíu a visita a todas as salas, con especial atención á Sala Miscelánea, a Sala Iberia e a exposición temporal sobre sismos. Experimentar, entender e descubrir foron habilidades especialmente desenvolvidas nesta visita… que non será a última!”
Arquivo da categoría: Actividades
Curso residencial en Inglés para alumnado de 3º da ESO
O IESP Xosé Neira Vilas participa este curso por primeira vez no Programa de Cursos Residencias de Inmersión en Inglés organizados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria coa incorporación aos mesmos de 25 alumnos e alumnas de 3º da ESO.
Este programa está deseñado para estudantes que posúen un coñecemento de inglés e que necesitan perfeccionar tanto a fluidez verbal como a comprensión auditiva. Os participantes recibirán cinco horas de clase de luns a venres e realizarán actividades nas que farán uso do inglés en situacións comunicativas reais, todo nun ambiente angloparlante na liña dos programas que Play & Say ven levando a cabo desde hai moitos anos.
O curso terá lugar nas instalacións da aldea que Gas Natural Fenosa ten en Os Peares (Lugo), do 23 ao 29 de novembro. As familias dos participantes non terán que abonar directamente ningunha cantidade polo mesmo nin polo aloxamento e manutención, sendo pola súa conta só os traslados.
Pode ver a documentación de presentación do curso con información sobre o contido do mesmo e as normas de funcionamento (menús, equipación persoal, urxencias, sitio web, …).
Espectáculo no teatro Rosalía
A primeira representación ofertada en QUE ESPECTÁCULO tivo lugar no Teatro Rosalía Castro de A Coruña, o día 10 de outubro, ás 20.30 h. Un total de 26 alumnos do primeiro ciclo da ESO asistiron á representación de En un lugar del Quijote pola compañía Ron Lalá.
Antes da representación foron recibidos polo director do Teatro que fixo unha breve presentación deste histórico espazo e do espectáculo que ian ver a continuación. Seguidamente poideron departir uns minutos con parte do elenco e facer unhas fotografías de recordo.
Uso seguro e saudable das novas tecnoloxías
O Ministerio do Interior, a través do Corpo da Garda Civil, e dentro do PLAN DE CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR imparte unha serie de charlas dirixidas ás familias e alumnado. O calendario de actuacións no noso Centro é o que se recolle no cartel.
Nova Actividade: “Que Espectáculo!”
Ponse en marcha no instituto o programa QUE ESPECTÁCULO! Grazas a el, o alumnado do noso centro poderá asistir a diversos espectáculos de artes escénicas e musicais en funcións para público xeral e, polo tanto, fóra do horario lectivo.
Os obxectivos desde programa son, por unha parte, facer posible que podan contemplar representacións e concertos excepcionais que, sen lugar a dúbidas, deixarán pegada na súa memoria e contribuirán a completar a súa formación. Por outra banda, e tamén importante, terán a posibilidade de ampliar o seu mundo de relacións, compartindo cos seus compañeiros experiencias en ámbitos que poden resultar máis ou menos novidosos para eles.
A asistencia a cada función será en grupo acompañados por profesorado do centro. O desprazamento farase en autobús pero os que o desexen poderán trasladarse pola súa conta.
Actividades Extraescolares 2014-2015
Co arranque do novo curso, ponse en marcha o proceso de inscrición nas actividades extraescolares que se iniciarán o día 2 de outubro baixo o título OS XOVES, O NEIRA PUNTO DE ENCONTRO.
Impartirase teatro, intercambio de inglés, xadrez, danza, robótica, técnicas de estudo e ciencia divertida. Todas as actividades realízanse os xoves pola tarde e o prazo de inscrición remata o día 26 de setembro.
Máis información