Arquivo da categoría: Actividades
VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES DA CORUÑA
O venres, 16 de decembro, o alumnado de 4º ESO visitou o Museo de Belas Artes da Coruña. A saída, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, tiña o obxectivo de descubrir a magnífica colección de gravados de Goya que alberga o Museo, nunha sala, ademais, recentemente reformada. Asimesmo, aproveitouse a ocasión para visitar o resto da colección, con especial atención á arte dos séculos XIX e XX e á presenza das mulleres artistas nela. Agradecemos ao Museo a súa cálida e instrutiva acollida!
FAM2L2ANA
ENCONTRO CON ANTÍA YÁÑEZ
O alumnado de 3º e 4º de ESO gozou dun fantástico encontro coa escritora Antía Yáñez no auditorio de A Fábrica en Perillo.
Marabillosa conversa na que reflexionou sobre a saúde mental, a literatura e a escrita.
XORNADA MICOLÓXICA
O pasado luns 7 de novembro un grupo de alumnado do IES Neira Vilas participou nunha actividade micolóxica desenvolvida no Bosque dos veciños de Oleiros. Dita actividade consistiu na recollida, organización, identificación e exposición das especies atopadas. Contouse coa axuda do experto da Asociación Micolóxica Andoa: Necho Couceiro.
Samaín doutro tempo
Maricarmen cóntanos como era a festa do Samaín cando era nena. Santa Compaña, colares de castañas e moitas historias que non podes perder.
Grazas a Julia Conchado (1º ESO C) por esta recolla e a súa avoa por aprendernos tantas cousiñas interesantes!
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
A Anpa Arce do IESP Xosé Neira Vilas oferta para este curso 2022/23 dúas actividades extraescolares os xoves en horario de tarde de 16:15 a 17:45 que previsiblemente darán comenzo o 6 de outubro.
As actividades ofertadas este ano son English Club e Baloncesto. A realización da actividade de English Club xa está confirmada, a de baloncesto está pendente de acadar o número mínimo de participación, se o estades pensando animádevos!
INMERSIÓN LINGÜÍSTICA DO ALUMNADO DE BACHIBAC 2 EN VANNES
Do 9 ao 21 de setembro o alumnado de Bachibac 2 está a realizar unha estadía de inmersión lingüística na preciosa localidade de Vannes, situada na Bretaña francesa, con estudantes do lycée Saint-François Xavier. Durante eses días cada alumno/a reside coa familia do seu “correspondant”, co que asiste ás clases no horario lectivo e desenvolve múltiples actividades culturais, deportivas e de lecer.
A comunidade educativa do IES Neira Vilas quere agradecer a cálida acollida brindada polo lycée Saint-François Xavier, así como polas familias do alumnado que participa nesta experiencia e que, á súa vez, terá a oportunidade de viaxar ao noso instituto e coñecer a nosa terra próximamente.
Despedida do curso académico 2021-22
22 de xuño de 2022 representou o último día de acción e diversión educativa do curso académico.
Arredor da pista principal do IES, o alumnado de Cultura Científica de 4º ESO elaborou prácticas sinxelas de laboratorio que explicou a compañeiras e compañeiros. O departamento de Educación Física implicou a profesorado e alumnado nunha sesión de xogos populares, e alumnado da Escola de Música de Oleiros -baixo a supervisión do departamento de Música do centro educativo- realizou unha pequena actuación musical.
Grazas pola colaboración de todas e todos nesta despedida de curso académico. Bo verán a toda a comunidade educativa!!!
#NeiraNaukas22
Grazas á colaboración de alumnado de profesorado, xunto con colaboración externa e o apoio do concello de Oleiros -que amablemente nos cedeu o Auditorio da Fábrica de Perillo para a ocasión, o martes 21 de xuño de 2022 (entre as 11:00 e as 14:00 horas) tivo lugar #NeiraNaukas22, suite da primeira edición que tivemos en 2019.
Agradecemos á comunidade educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas a participación e asistencia a este evento, que non debe ser máis ca un chanzo máis na construción das diferentes edicións NeiraNaukas.