Arquivo da categoría: Actividades

ENTROIDO NO NEIRA

O pase de diapositivas require JavaScript.

O pasado 25 de Febreiro o IES Neira Vilas puxo o punto e final a unha semana de celebracións do entroido cun festival de disfraces que amosou, un ano máis, a creatividade e ilusión dos participantes.  Alumnado e profesorado disfrutaron de diversas actividades (desafío filloeiro, lectura dos testamentos…), xogos e bailes para rematar as xornadas.

CHARLA DA EDUCADORA SOCIAL DO CONCELLO

O pasado 15 de Decembro visitou o instituto a Educadora Social Laura  Barejano Domínguez. No encontro co alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato fixo unha exposición sobre a súa experiencia laboral no Concello de Oleiros no que traballa actualmente.  Asemade, dirixiu unha serie de actividades grupais nas que o alumnado participou activamente e amosou unha vez máis a súa sensibilidade respecto a temas como: a violencia de xénero, a inmigración, o bulling, etcétera.

Máis información no blog do Departamento de Orientación.

 

A USC NO NEIRA VILAS UN ANO MÁIS

O programa A ponte da USC ten entre os seus cometidos, tender pontes entre a universidade e os centros de ensino medio para facilitar información e orientación ós futuros estudantes universitarios.

O 1 de decembro, Celso Rodríguez, profesor da USC na facultade de Matemáticas, foi quen fixo a presentación da Universidade de Santiago e as probas ABAU e ó acceso á universidade ó alumnado de 2º de Bacharelato.

 

 

 

 

Máis información no blog do Departamento de Orientación.

SAÍDA DO EQUIPO DE CONVIVENCIA E MEDIACIÓN

O día 15 de outubro de 2021 o alumnado do Equipo de Convivencia e Mediación realizou unha actividade de encontro e adestramento que serviu principalmente para relanzar ao equipo despois do parón da pandemia.

Participaron un total de 24 alumnos de 3º e 4º da ESO e de 1º de Bacharelato. O grupo tivo a oportunidade de facer unha visita ao Mosteiro de Monfero (grazas  ao Concello de Monfero por facilitar a visita abrindoo especialmente para o equipo) e de realizar sendeirismo na Senda dos Cerqueiros (Fragas do Eume).

A comida e as actividades de adestramento en Técnicas de mediación fixéronse na Área Recreativa Muíño de Ferreñas, no concello de Vilarmaior. O entusiasmo dos mediadores e o bo tempo que acompañou fixeron que a xornada fora perfecta.

Grazas tamén a David, profesor de Educación Física, que colaborou con nos no desenvolvemento desta actividade.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2021/22

Comenza o novo curso 2021/22 e retomamos as actividades extraescolares organizadas polo ANPA. Este ano teremos o English Club e como novidade ofertamos un curso de microinformática, centrado na aprendizaxe de aplicacións de folla electrónica, procesador de texto, presentacións, etc. Achegamos o cartel das devanditas actividades así como a folla de inscrición nas mesmas. As actividades comezarán o próximo 7 de outubro de 2021. Apuntate xa!

Cartel extraescolares 2021-2022

Inscrición actividades_modelo 2021_22.doc

Serra do Courel

O pase de diapositivas require JavaScript.

Os días  7,8 e 9 de abril, alumnado de 1º ESO participou na actividade organizada polo Concello de Oleiros “Aprendemos da natureza – Serra do Courel”. Estiveron acompañados por monitores e dous profesores do instituto, Pablo Gallego e Samuel Rodríquez. O seguinte texto, elaborado por eles, resume esta estadía:

“Os alumnos e alumnas de 1ºESO puideron desfrutar durante tres días de todos os tesouros naturais, históricos e etnográficos que a serra do Courel garda entre os seus vales e montañas.

O mércores pola mañá visitamos o Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico, algúns rapaces sorprendéronse do realismo da recreación de Elba, unha das primeiras poboadoras de Galicia. Comemos en plena ruta, preto do Río Lor, e coñecimos a “Xan do Vilar”, ferreiro, músico e divulgador das tradicións do Courel.

Seguir lendo Serra do Courel