Arquivo da categoría: Biblioteca

Concurso de conxuros

ConcursoConxuros_nov_2015O pasado 18 de decembro entregáronse os premios aos autores dos textos que gañaron o concurso de conxuros: Noela Mato López (ESO 1A) e Javier Moya Sánchez (ESO 1B) así como á gañadora do concurso de cabazas,Clara Graña Castro (ESO 1B). Os certames foron organizados polo Equipo de Dinamización da Lingua galega co gallo do Samaín. Pódense consultar os conxuros no blogue da Biblioteca do IESP: “O faiado de Balbino”.

Homenaxe a Neira Vilas

A nosa Comunidade Educativa celebrou un acto de lembranza e homenaxe a Xosé Neira Vilas o día 4 de decembro.

Interviu en primeiro lugar o director para salientar a honra de levar o seu nome e lembrar o agarimo que el sempre sentiu polo noso centro. Falou a continuación Xosé Carballude, como profesor e amigo que foi do egrexio escritor, para dar paso a continuación a unha ampla representación de nosa colectividade (alumnado, persoal non docente e familias) que leron diversos textos nas diversas linguas de orixe de todos eles. Interviu a continuación a Concelleira de Cultura e Normalización Lingüística de Oleiros e pechouse o acto con dúas actuacións musicais.

 

 

Sostible

Sostible
Sostible

O 19 de xuño, como finalización do curso académico, o IESP puxo en escena a performance “Sostible”, Proxecto de Biblioteca no que se traballou durante o último trimestre por parte de máis do 40% do profesorado do centro educativo. Contou coa participación directa de máis de 50 alumnas e alumnos dos diversos niveis e volveu amosar unha estreita colaboración alumnado-profesorado, da que temos a ben facer gala neste instituto.

Sostible
Sostible

Grazas a tod@s pola vosa participación e bo verán.

Olla algunha actuación, por Cortesía de Carmen Rodríguez Coronado: Lucía e Xoan [1, 2]; outro alumnado de 4º ESO; Antón, Laura e Marta.

Olla o vídeo de consellos ecolóxicos do alumnado de 1º ESO e o vídeo-poema de Davi Carro, alumno de 2º ESO.

Olla algún outro vídeo aquí.

O que move o mundo

Oque move o mundo
Oque move o mundo

O venres 10 de abril, e dentro dos actos da Semana Intercultural, tivo lugar a performance “O que move o mundo”, espectáculo que contou coa participación directa de máis de 30 alumnas e alumnos -de todos os niveis educativos, desde 1º ESO a 2º Bacharelato- e a estreita colaboración de oito profesoras e profesores. O motivo central xiraba en torno a unha historia relacionada co libro de Kirmen Uribe “Lo que mueve el mundo”.
O espectáculo aglutinou actuacións musicais variadas, monólogos, videos, leituras e explicacións, incluíndo un karaoke final.

Na senda doutros Proxectos de Biblioteca realizados neste curso académico, o acto servíu para reafirmar a estreita interrelación alumnado-profesorado e estreitar lazos na nosa comunidade educativa.
Aproveitamos a ocasión para enviar a referencia do espectáculo ao autor literario, Kirmen Uribe, que respondeu afectuosamente:
“Cuánto agradecemos los escritores estas cosas. Es muy bonito saber que un libro toma otras vidas. Precioso.”
Podes consultar máis documentación aquí.

As avoas contan

O 5 de marzo celebrouse no instituto un encontro emotivo e dos que non se esquecen. Foi unha homenaxe ás mulleres traballadoras e tivo por protagonistas ao alumnado de primeiro de ESO e catro avoas.

Durante dúas horas o alumnado e profesorado escoitamos falar da vida cunha intensidade conmovedora. Foi unha lección maxistral de como abordar, da maneira máis sinxela, grandes temas complexos como o alcolismo e a súa influenza na familia, a seguridade vial, a necesidade de unirse para cambiar situacións e salvar vidas, a educación e o coñecemento como camiño para ser libres, na escola e mais tamén ao longo de toda a vida. Caer e volver a levantarse, sempre, outra vez.

Ao día seguinte fíxose a valoración. Unha alumna dixo: “Cando rematou o acto eu o que tiña era moitas ganas de abrazalas”. Mirei a reacción do grupo. Na atmosfera estaba un mesmo sentimento. A clase asentía de xeito unánime.

Grazas infindas avoas: Jeanne Picard, Josefa Fernández Costas, Manuela Fernández Leis e Aurora Roel Muñiz.

Manuela e Aurora estiveron representadas polos seus netos Iago Ruibal Lago e Daniel Sánchez Mosquera de 4ª de ESO. Oradores capaces de transmitir os seus sentimentos, amenos e simpáticos que fixeron da dura vida das súas avoas un conto cheo de humor.

A vós, Iago e Daniel, tamén moitas grazas.

#Igualágrimas

10 de decembro de 2014. Salón de Actos do IESP Xosé Neira Vilas. O Día Internacional dos Dereitos Humáns conmemórase no noso centro educativo cunha lembranza cara aos ¿desaparecidos? de Ayotzinapa -unha escola de mestres de Iguala-, México, hai meses. As primeiras análises de restos humanos dun vertedoiro conclúen que un dos 43 foi atopado alí.

O curso académico anterior, varios alumnos mexicanos -todos eles futbolistas de pro- estiveron connosco. Por iso esta é unha ocasión para lembralos na distancia, igual que eles nos lembran a nós. E aí está Sergio co seu contrabaixo; están Antón e Rodrigo evocando a Lennon, a Pink Floyd; velaí está o alumnado de 1º ESO pregoando o dereito á educación de todos os seres humáns; velaí as nosas lembranzas neste día, con poemas dun mexicano ilustre como Octavio Paz (lidos por Daniel, Iago, Orleni e Sara), e alocucións incluídas. #Igualágrimas é unha performance coa intención de que lembremos que hai moitos xeitos de aprender. Grazas a tod@s por facela posible, en especial grazas a Isabel e Fernando!