Arquivo da categoría: Curso 2021-2022

VISITA ÁS FACULTADES DA USC

Este curso, a Universidade de Santiago de Compostela retomou os encontros na USC presenciais, despois de dous anos sen poder celebralos a causa da pandemia.
O pasado día 4 de Marzo o alumnado de 2º de bacharelato participou neste programa. Cada  alumna/o escolleu previamente un percorrido de preferencia que abranguía dúas facultades ou centros universitarios.

ENTROIDO NO NEIRA

O pase de diapositivas require JavaScript.

O pasado 25 de Febreiro o IES Neira Vilas puxo o punto e final a unha semana de celebracións do entroido cun festival de disfraces que amosou, un ano máis, a creatividade e ilusión dos participantes.  Alumnado e profesorado disfrutaron de diversas actividades (desafío filloeiro, lectura dos testamentos…), xogos e bailes para rematar as xornadas.

CHARLA DA EDUCADORA SOCIAL DO CONCELLO

O pasado 15 de Decembro visitou o instituto a Educadora Social Laura  Barejano Domínguez. No encontro co alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato fixo unha exposición sobre a súa experiencia laboral no Concello de Oleiros no que traballa actualmente.  Asemade, dirixiu unha serie de actividades grupais nas que o alumnado participou activamente e amosou unha vez máis a súa sensibilidade respecto a temas como: a violencia de xénero, a inmigración, o bulling, etcétera.

Máis información no blog do Departamento de Orientación.

 

A USC NO NEIRA VILAS UN ANO MÁIS

O programa A ponte da USC ten entre os seus cometidos, tender pontes entre a universidade e os centros de ensino medio para facilitar información e orientación ós futuros estudantes universitarios.

O 1 de decembro, Celso Rodríguez, profesor da USC na facultade de Matemáticas, foi quen fixo a presentación da Universidade de Santiago e as probas ABAU e ó acceso á universidade ó alumnado de 2º de Bacharelato.

 

 

 

 

Máis información no blog do Departamento de Orientación.