O vindeiro martes día 4 de outubro ás 18:30 terán lugar as reunións informativas das titoras e titores dos diferentes grupos de alumnado coas nais e pais dos mesmos. As reunións de 2º ESO C e 4º ESO B serán o día 6 de outubro, xoves, ás 18:30.
Arquivo da categoría: Curso Actual
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
A Anpa Arce do IESP Xosé Neira Vilas oferta para este curso 2022/23 dúas actividades extraescolares os xoves en horario de tarde de 16:15 a 17:45 que previsiblemente darán comenzo o 6 de outubro.
As actividades ofertadas este ano son English Club e Baloncesto. A realización da actividade de English Club xa está confirmada, a de baloncesto está pendente de acadar o número mínimo de participación, se o estades pensando animádevos!
INMERSIÓN LINGÜÍSTICA DO ALUMNADO DE BACHIBAC 2 EN VANNES
Do 9 ao 21 de setembro o alumnado de Bachibac 2 está a realizar unha estadía de inmersión lingüística na preciosa localidade de Vannes, situada na Bretaña francesa, con estudantes do lycée Saint-François Xavier. Durante eses días cada alumno/a reside coa familia do seu “correspondant”, co que asiste ás clases no horario lectivo e desenvolve múltiples actividades culturais, deportivas e de lecer.
A comunidade educativa do IES Neira Vilas quere agradecer a cálida acollida brindada polo lycée Saint-François Xavier, así como polas familias do alumnado que participa nesta experiencia e que, á súa vez, terá a oportunidade de viaxar ao noso instituto e coñecer a nosa terra próximamente.
REPARTO DE LIBROS DA ANPA
O venres día 9 de setembro, ao longo da mañá, os membros da ANPA ARCE do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas irán avisando ao alumnado con dereito a libros para que baixen a recollelos á oficina da ANPA .
COMEZO DO CURSO 2022-2023
A Orde do 20 de maio do 2022, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo nº 5 establece que as actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de formación profesional realizaranse desde o día 8 de setembro de 2022 ata o 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.
Seguindo dita norma todo o alumnado comezará as súas xornadas lectivas o próximo xoves 8 de setembro do 2022 en horario de 8:30 a 14:10.
O alumnado con dereito a servizo de transporte poderá empregalo desde ese mesmo día.
SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS
A xunta de Goberno Local, na sesión do 1 de xullo de 2022, concedeu ao noso instituto 9030 € en concepto de subvención para a realiación de actividades educativas complementarias e adquisición de material didáctico de carácter funxible.
RESULTADO DO NOSO ALUMNADO NAS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE
Notas obtidas polo alumnado do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas para o acceso á Universidade. Curso 2021-2022
Notas certificadas pola Université de Toulouse:
15 alumnos e alumnas. Nota media final da proba de acceso: 8,4791
Notas ABAU:
20 alumnos e alumnas (19 aptos/ 1 non apto). Nota media ABAU: 5,1975
Nota media dos 35 alumnos e alumnos que realizaron probas de acceso á Universidade:
8,4791 x 0,4286 + 5,1975 x 0,5714 = 6,6039
ENTREGA DE NOTAS
A entrega de notas da avaliación ordinaria de ESO e extraordinaria de 1º Bacharelato terá lugar o día 28 de xuño ás 11:00. Realizarase na aula de referencia de cada grupo.
Xunto co boletín de notas entregarase o impreso de matrícula para o curso 2022-23.
QUENDAS DE MATRÍCULA
PERIODO DE MATRÍCULA: DO DÍA 28 DE XUÑO AO 10 DE XULLO
HORARIO: DE 9:00 H A 13:00 H
O EQUIPO DIRECTIVO PROPÓN AS SEGUINTES QUENDAS PARA OS DISTINTOS NIVEIS, EN ARAS DE EVITAR LONGAS ESPERAS
CURSO | DÍA | HORA | 1º APELIDO d@ alumn@ QUE COMECE POR | |
1º ESO | 28 de XUÑO | 9-11 | A ata C | |
11-13 | D ata Q | |||
1º ESO | 29 de XUÑO | 9-11 | R ata Z | |
2º ESO | 29 de XUÑO | 11-13 | A ata C | |
2º ESO
2º ESO |
30 de XUÑO | 9-11 | D ata Q | |
11-13 | R ata Z | |||
3º ESO | 1 de XULLO | 9-11 | A ata C | |
11-13 | D ata Q | |||
3º ESO | 4 de XULLO | 9-11 | R ata Z | |
4º ESO | 4 de XULLO | 11-13 | A ata C | |
4º ESO | 5 de XULLO | 9-11 | D ata Q | |
11-13 | R ata Z | |||
1º Bach
|
6 de XULLO | 9-11 | A ata C | |
11-13 | D ata Q | |||
1º Bach
2º Bach |
7 de XULLO | 9-11 | R ata Z | |
11-13 | A ata C | |||
2º Bach | 8 de XULLO | 9-11 | D ata Q | |
11-13 | R ata Z |
Aquelas familias que teñan máis dun/ha fillo/a no centro, poderán formalizar a matrícula o mesmo día para todos/as.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA
Unha copia dos impresos de matrícula entregarase coas notas ao alumnado o día 28 de xuño.
Despedida do curso académico 2021-22
22 de xuño de 2022 representou o último día de acción e diversión educativa do curso académico.
Arredor da pista principal do IES, o alumnado de Cultura Científica de 4º ESO elaborou prácticas sinxelas de laboratorio que explicou a compañeiras e compañeiros. O departamento de Educación Física implicou a profesorado e alumnado nunha sesión de xogos populares, e alumnado da Escola de Música de Oleiros -baixo a supervisión do departamento de Música do centro educativo- realizou unha pequena actuación musical.
Grazas pola colaboración de todas e todos nesta despedida de curso académico. Bo verán a toda a comunidade educativa!!!