Arquivo da categoría: Curso Actual

Solicitud de préstamo de libros do fondo ANPA

Para todos aqueles interesados en solicitar o préstamo de libros de texto para o vindeiro curso 2021/22 do fondo do ANPA adxuntamos as fichas dos 4 cursos da ESO, por si algún de vos queré traelo cuberto o día 25/06/2021, ou por si algún non pode desplazarse dito día e quere remitilo por correo electrónico (firmado por favor).
Non enviamos fichas de bacharelato porque non hai libros no fondo.
Grazas a todos!!!! ,

DEVOLUCION LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/21

Convócase ao alumnado do IES Neira Vilas o vindeiro venres 25 de xuño para devolución e solicitude de libros de texto do fondo da ANPA Arce nos seguintes horarios:

Solicitudes 1° ESO. 10.00-11.00 h.
Solicitudes 2° ESO. 11.00-12.00 h.
Solicitudes 3° ESO. 12.00-13.00 h.
Solicitudes 4° ESO. 13.00-14.00 h.

No bacharelato non hai préstamo de libros, polo que o alumnado que ten pendente de devolución libros de 4° ESO poderán devolvelos ao longo da mañá.
No caso de ter algunha materia pendente para setembro poderán delvolverse eses libros despois desa convocatoria, pero a devolución do resto dos libros e a solicitude do vindeiro curso terá que formalizarse neste prazo ordinario.

Prégase respecten os turnos establecidos para atender a protocolos Covid e poder garantir que todo o alumnado poida solicitar correctamente os libros do seguinte curso.

Grazas!

Matrícula 2021-22

Do 30 de xuño ao 9 de xullo de 2021 terá lugar o proceso de matrícula para o vindeiro curso 2021-22 no IES. Por mor da COVID-19, e coa finalidade de evitar colas e aglomeracións, propoñemos a familias e alumnado unha matrícula por quendas -por orde alfabética, que indicamos na ligazón seguinte:

Quenda de matriculación.

Xuntamos os documentos de matrícula para cada etapa educativa:

 

 

Serra do Courel

O pase de diapositivas require JavaScript.

Os días  7,8 e 9 de abril, alumnado de 1º ESO participou na actividade organizada polo Concello de Oleiros “Aprendemos da natureza – Serra do Courel”. Estiveron acompañados por monitores e dous profesores do instituto, Pablo Gallego e Samuel Rodríquez. O seguinte texto, elaborado por eles, resume esta estadía:

“Os alumnos e alumnas de 1ºESO puideron desfrutar durante tres días de todos os tesouros naturais, históricos e etnográficos que a serra do Courel garda entre os seus vales e montañas.

O mércores pola mañá visitamos o Museo Xeolóxico e o Museo Etnográfico, algúns rapaces sorprendéronse do realismo da recreación de Elba, unha das primeiras poboadoras de Galicia. Comemos en plena ruta, preto do Río Lor, e coñecimos a “Xan do Vilar”, ferreiro, músico e divulgador das tradicións do Courel.

Seguir lendo Serra do Courel

Torneo de tenis de mesa

Durante o segundo trimestre desenvolveuse no noso centro un torneo de tenis de mesa organizado polo Departamento de Educación Física. Os gañadores foron Sergio Domínguez na categoría de 1º a 3º ESO e Pablo López na de 4º ESO a 2º de Bacharelato. Noraboa aos gañadores e a todos e todas por participar! e grazas a David e Andrés pola organización.

 

GALICIA – T: Premio Mil Primaveras

Dende o ANPA ARCE IESP XOSE NEIRA VILAS, queremos facernos eco dos Premios Mil Primaveras na súa segunda edición, outorgado ao colectivo Galeguiza T no seu apartado mellor proxecto novo. Este colectivo esta formado polos estudantes do Instituto Xose Neira Vilas e o seu profesor Alberto Pombo.

Este premio esta organizado pola Coordinadora de Traballadores en Lingua Galega, coa colaboración dá Deputación Provincial de Pontevedra e dá Secretaría Xeral de Política Lingüística, e na súa páxina informaba:

” Galeguiza- T foi escollido como mellor proxecto novo. Ou xurado destacou ou gran traballo de base e que sexa unha iniciativa creada desde e para a mocidade, a través dás súas propias redes de comunicación e incidindo nos seus temas de interese. Tamén se tivo en conta a calidade do aspecto comunicativo, a metodoloxía de traballo e a innovación e modernidade do proxecto. Valorouse especialmente que transcendese ou labor nun centro e buscase implicar a mozos e mozas doutros centros, grazas ao traballo entre iguais”.

Noso máis sincero parabén. Animo xuventude.