Podedes consultar o calendario aquí.
Podedes consultar o calendario aquí.
O venres 27 de maio tivo lugar a graduación da promoción que remata 2º Bacharelato en 2022. O acto -coa participación de toda a comunidade educativa e a asistencia do alcalde de Oleiros- tivo lugar no auditorio Gabriel García Márquez de Mera.
Nunha festa para a lembranza, Rita Ardao e Javier Méndez conduciron unha gala que contou cos discursos do director Fernando Vidal, a profesora Mercedes López-Mayán e o pai Moisés Canle, xunto coas alocucións de Iker Naveira e Luisa Tova por parte do alumnado.
O pasado 3 de maio os exalumnos Pablo Forján, Miguel Pérez e Mateo García compartiron co alumnado de 1º de bacharelato as súas experiencias e vivencias como universitarios.
A través dunha presentación faláronlles de numerosos aspectos moi importantes como: a transición do Instituto á Universidade, a importancia das rutinas e os hábitos na univesidade, as ventaxas e inconvintes de estudar preto de casa ou noutra cidade distinta…
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade convoca os Premios Extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2021-2022.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 26 de abril de 2022 e rematará o día 25 de maio de 2022.
Pode participar todo o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2021/22 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, fose proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha
nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
A realización da proba terá lugar o día 23 de xuño de 2022 e realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial
de Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Toda a información aquí:
As montañas, as fragas, os soutos e paxaros foron quen de facernos achar seres prodixiosos, de aprender dos outros e de ser un/ha mesma/o. A visita ao Courel apartounos do mundo por un intre e fíxonos gozar da amizade, da empatía e de longas conversas cheas de sorrisos, de camiñadas que recompoñen, de afecto… Que terán aquelas paisaxes para lembrar tanta ledicia!!!
“Eu non sei para onde vai
mentres o quedo ollando.
Só sei que alí se cumpre
o sono que estou soñando”.

Nos días 29 e 30 de marzo os grupos de 3º ESO disfrutaron dunha excursión en Santiago de Compostela, organizada polo Concello de Oleiros en colaboración co Departamento de Xeografía e Historia. Ao longo da xornada puideron visitar o Museo do Pobo Galego, descubrir os numerosos rincóns que agochan as rúas compostelás, así como a súa monumental catedral, pasear pola súa fermosa Alameda e rematar a tarde cunha andaina á beira do Sarela.
Os días 23, 24 e 25 de marzo o alumnado de Xeografía e Historia de 2º ESO participou na actividade “Un día en Galicia”, organizada polo Concello de Oleiros.
Desta volta, disfrutaron dunha fermosa andaina polas Fragas do Eume, en cuxo interior visitaron o Mosteiro de Caaveiro. Despois do xantar, achegáronse ao coñecemento das pegadas medievais visibles na vila de Pontedeume e arredores, antiga Terra dos Andrade, incluíndo a marabillosa Torre de Nogueirosa.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou o pasado martes 22 de marzo a convocatoria da proba externa do programa BACHIBAC para o curso 2021-2022. Dita proba terá lugar os días 9 e 10 de maio, pero o prazo de inscripción do alumnado remata o día 30 de marzo. Todos os trámites fanse na secretaría do instituto. Pódese consultar a convocatoria no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/