O alumnado de 4º de ESO de Tecnoloxía, IAS e Dixitalización participou esta semana no XVI Obradoiro e Concurso Galego de Robótica e Drons, organizado por Igaciencia, unha xornada que combinou innovación, aprendizaxe práctica e creatividade.
Durante a tarde do luns 10 de novembro, un grupo de tres persoas do Neira elixidas por sorteo tivo a oportunidade de achegarse ao mundo dos drons, coñecendo o seu funcionamento, os seus sensores e a importancia da programación na súa navegación. O alumnado realizou probas guiadas de voo e experimentou coa precisión necesaria para manexar estes dispositivos de forma segura.
Na mañá do venres 14, a actividade centrouse na robótica educativa, onde os estudantes puideron programar e controlar robots, resolvendo pequenos retos de lóxica e movemento. A experiencia permitiu reforzar conceptos traballados na aula e fomentar habilidades clave como o pensamento computacional, o traballo en equipo e a resolución de problemas.
A xornada resultou altamente motivadora e ofreceu ao alumnado unha visión real e aplicada das tecnoloxías que están a transformar a sociedade. Dende o Departamento de Tecnoloxía valoramos moi positivamente esta saída, que complementa a formación impartida no centro e impulsa a curiosidade científica do noso alumnado.
As gañadoras do concurso de epitafios “Morto de morte matada”, do IES Neira Vilas 2025-26, foron as alumnas de 3º ESO Ágata Montero Gracía: “Premio ao epitafío máis retranqueiro” e Iraya Pita Gándara: “Premio ao epitafio máis orixinal”
A comunidade educativa do Neira Vilas lamenta profundamente o pasamento do profesor de música e exdirector do centro Jesús Fernández Llaneza. A través destas verbas queremos expresar o noso agradecemento sinceiro por tantos anos de dedicación. O seu compañeirismo e a súa profesionalidade cara ao alumnado, cara ao equipo docente e non docente e cara ás familias deixan unha fonda pegada e definen o seu legado, que quedará sempre nos nosos corazóns e no noso instituto. Grazas Jesús!



O noso centro vén de renovar un curso máis a súa participación no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (Plambe)… e xa van 16 anos formando parte dunha ampla rede de bibliotecas escolares de toda Galicia, coordinada pola Asesoría de Bibliotecas. Desta volta, a renovación do Plambe supón a concesión dunha dotación económica de 1.025 € para a adquisición de libros para a nosa biblioteca de 1.325 € para a dotación de mobiliario. Toda a información sobre esta convocatoria pódese consultar aquí:
Neste mes de outubro incorporáronse ao noso centro dúas profesoras auxiliares de conversa no marco do programa homónimo desenvolvido todos os anos pola Consellería de Educación, Universidades, Ciencia e Formación profesional. Juliette Foucher e Reena May Cervantes Ibanez colaborarán, como en cursos anteriores, na docen