Arquivo da categoría: Curso Actual

QUENDAS DE MATRÍCULA CURSO 2023-24

PERIODO DE MATRÍCULA: DO DÍA 27 DE XUÑO AO 7 DE XULLO

HORARIO: DE 9:00 H A 13:00 H

O EQUIPO DIRECTIVO PROPÓN AS SEGUINTES QUENDAS PARA OS DISTINTOS NIVEIS, EN ARAS DE EVITAR LONGAS ESPERAS:

Quendas de matrícula 2023-2024

Aquelas familias que teñan máis dun/ha fillo/a no centro, poderán formalizar a matrícula o mesmo día para todos/as.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA

Unha copia dos impresos de matrícula entregarase coas notas ao alumnado o día 26 de xuño.

IMPRESO MATRÍCULA  1º, 2º e 3º ESO

IMPRESO MATRÍCULA  4º ESO

IMPRESO MATRÍCULA 1º BACHARELATO

IMPRESO MATRÍCULA 2º BACHARELATO

“O faiado de Balbino” despídese por este curso

O club de lectura bota o peche despois dun curso cheo de boas lecturas e experiencias compartidas. Os sete grupos de lectura que o compuxeron (Banda deseñada en galego, Mitoloxía clásica, Portugués, Teatro, Xeografía e Historia, Diversidade e Familias), coordinados por David Amboage, Mercedes López-Mayán, Guadalupe Pardo, Elisabet Ríos e Noé Vázquez, contaron coa participación dun total de 104 lectores e lectoras, repartidos entre alumnado de todos os cursos e familias, e leron 25 títulos diferentes, en galego, castelán, portugués e francés. Ademais das sesións de posta en común e discusión sobre as lecturas, puideron disfrutar de múltiples actividades (obradoiros de escrita, encontro con autores/as, roteiros literarios ou as visitas á libraría Berbiriana con motivo do Día do Libro e a ExpOtaku).
Moitísimas grazas a todos/as os/as participantes polo interese e ilusión amosados!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Reunión informativa sobre o programa Bachibac

O pasado xoves, 25 de maio, tivo lugar unha reunión informativa sobre Bachibac destinada ás familias do alumnado de 4º ESO que está interesado en incorporarse a este programa para o vindeiro curso 2023-2024.

A sesión foi organizada e impartida por Blanca Riestra e Mercedes López-Mayán, que agradecen o interese dos/as asistentes cara a este sinal de identidade do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas.

OBRADOIROS TALENTO MOZO

O  IES Neira VIlas foi un dos centros educativos seleccionados por parte da Conselleria de Educación para participar no programa educativo “TALENTOS MIOZOS”.  Un dos obxectivos do programa é visibilizar a creatividade e a innovación  impulsada por xente moza con experiencia en diferentes ámbitos profesionais  como a empresa, o deporte, a cultura e a creación, a ciencia ou o voluntariado.

Uxía Varela Jacobo Lazcano foros os mozos que deron a coñecer as súas traxectorias académicas e profesionais para estimular e incentivar a análise e reflexión do noso alumnado. A charla-coloquio tivo lugar, o 5 de maio e asistiu o alumnado de 3º ESO.

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Este curso celebrouse o Día Internacional do Libro por todo o alto! Ao longo de toda a semana puidéronse coñecer as numerosas recomendacións literarias feitas polo alumnado, profesorado e PAS do centro expostas nun mural confeccionado polo equipo de biblioteca no andar baixo.

E o domingo, 23 de abril, pola mañá, tres representantes do noso club de lectura “O faiado de Balbino”, Inés Rucci, Óscar López e Sergio Domínguez, leron diversos fragmentos dalgúns dos seus libros favoritos na actividade organizada pola Librería Berbiriana da Coruña. As obras escollidas foron, respectivamente, “La historia interminable” de Michael Ende, “Non penses nun elefante rosa” de Antía Yáñez e “El bestario de Axlin”, primeiro tomo da triloxía “Guardianes de la ciudadela” de Laura Gallego. Moitas grazas a todxs pola participación!