Arquivo da categoría: Curso

Neira Vilas e Prisciliano

O 2 de decembro de 2022,  Victorino Pérez Prieto -no marco da Semana Neira Vilas– deu unha charla no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas” de Oleiros sobre “Xosé  Neira  Vilas  e  Prisciliano”.
Xosé Neira Vilas ten manifestado un profundo interese por Prisciliano, un bispo inxustamente axustizado por herexe ao remate do século IV. El e a súa dona Anisia Miranda eran alcumados pelo seu amigo o insigne escritor Alejo Carpentier “os meus amigos herexes priscilianistas”.
Egrexios galegos como Otero Pedraio, Risco e Castelao tiñan tamén manifestado a importancia de Prisciliano na cultura galega. Otero chega a dicir que é “a maior individualidade que Galiza xerou”.
Prisciliano (345-385) foi un teólogo xenial, pero que foi condenado como herexe bispos e concilios por descoñecemento dos seus escritos, mas logo foi rehabilitado 1500 anos despois.  Foi tamén un asceta, un abstinente; e asé mesmo foi o iniciador dun movemento social e profeta contra o poder establecido na Igrexa na decadencia do imperio romano. E para os galegos un mito necesario para Galiza, por estar nos alicerces da cultura galega.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

Este curso renóvanse parcialmente os membros do Consello Escolar do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas: 2 nais e pais, 1 membro da ANPA, 3 profesoras/es, 2 alumnas/os e 1 persoal non docente.

O Consello Escolar é un órgano crucial nun centro educativo. A través del participan na súa xestión os distintos membros da comunidade escolar: alumnado, profesorado, familias, representantes da ANPA, persoal non docente e concello.

É fundamental que todos os sectores estean presentes a través dos seus representantes.  O prazo para presentar as candidaturas remata o 9 de novembro.

Impreso para a candidatura  como representante do alumnado.

Impreso para a candidatura como representante de nais e pais.