Alumnos de 1º, 2º e 4º ESO participaron no proxecto anual do centro: as viaxes.Baixo a supervisión e coas indicacións do auxiliar de conversa de inglés, Seth Brooks
Os alumnos de 1º elaboraron uns trípticos con información turística sobre distintos estados norteamericanos.
Os de 2º imaxinaron que tiñan que facer uns carteis para unha axencia de turismo para animar a xente a visitar unha cidade estadounidense ou calquera outra de fala inglesa.
Os alumnos de 4º buscaron información, fotos e ilustracións sobre viaxes que influíron na historia dos Estados Unidos e fixeron unha gravación con eses contidos.
O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Valle-Inclán visitou o venres 31 de maio o noso instituto para un primeiro contacto co que vai ser o seu centro escolar os próximos anos. Tedes toda a información neste enlace do Departamento de Orientación.
Do 29 ao 31 de maio o alumnado de 2º de ESO participa na actividade Camiño de Santiago en Barreiros (Sarria).Esta actividade realízase dentro do programa Aprender na Natureza promovido polo Servizo Municipal de Educación do Concello de Oleiros
Os carteis presentados por tres alumnas de 3º de ESO: Ada Agasar, Marta Cabo e Cristina Vázquez, foron seleccionados entra os 30 finalistas do concurso Táboa Periódica e Galicia, organizado pola Facultade de Química da USC.
Do 22 ao 24 de maio o alumnado de 1º de ESO ten a oportunidade de participar nunha actividade medioambiental nun entorno natural privilexiado: A Serra do Courel. Esta actividade realízase dentro do programa Aprender na Natureza promovido polo Servizo Municipal de Educación do Concello de Oleiros
O alumnado de 3º de ESO participou na actividade intercultural do Proxecto Terra, cunha estancia en Guimaraes durante os días 21 e 22 de maio. O alumnado tivo a oportunidade de visitar esta hermosa cidade, inerpretando o seu patrimonio histórico, cultural e arquitectónico. Seguir lendo PROXECTO TERRA→
O xoves 16 de maio celebrouse no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a graduación do alumnado de segundo de bacharelato. Despedimos neste acto a unha promoción de estudantes que rematan a súa escolaridade no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas formados como persoas responsables e críticas, preparados para a nova etapa que comenzan. Seguir lendo GRADUACIÓN 2º BACHARELATO 2018/2019→
En nome de toda a comunidade educativa, queremos felicitar aos estudantes da promoción Bachibac 2019, que recibiron na data de hoxe os resultados da Proba Externa do BACCALAURÉAT (Bacharelato Francés), superada por todos eles con excelentes resultados. Facemos extensiva a citada felicitación ao profesorado implicado no programa.
Desexámoslles unha feliz andadura nesta nova etapa que agora comezan. Noraboa!
O Equipo da Biblioteca do instituto organizou un intercambio de libros, como actividade de fomento da lectura. Os libros foron recollidos entre o 6 e o 10 de maio e, no primeiro tempo de lecer do día 14 de maio, o alumnado participante recolleu os seus novos exemplares.
Un grupo de 23 alumnos e alumnas do instituto visitou na mañá do 10 de maio os stands de Galiciencia na Tecnópole de Ourense. Alí coñeceron diversos proxectos científicos levados a cabo en centros de ensino galegos e doutras CCAA, nos que a posta en práctica de aplicacións móbiles para a realización efectiva de deporte de cara a previr enfermidades cardiovasculares, a posta en marcha dun alcoholímetro dixital co obxecto de previr unha condución temeraria ou a erradicación das velutinas a través dun fungo que resulta mortal para elas tiveron acollida especial entre o xurado do certame e entre o noso propio alumnado. Outras moitas experiencias enriqueceron a visita. Seguir lendo GALICIENCIA 2019→
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)