O próximo xoves, 19 de setembro, de 16:00 a 18:00 h entregaranse os libros que a ANPA deixa en préstamo para o curso 2019-2020.
Recordámosvos que no reparto se tivo en conta a asignación de libros que fai o instituto do fondo solidario de libros da Xunta para evitar duplicidades e que se beneficie o maior número posible de alumnos.
Os que non entregaron unha solicitude de libros, aínda o poden facer o xoves, e nos próximos días faremos un novo reparto dos restos que quedaron e os libros que non se pasen a recoller.
Calquera consulta ou dúbida, por favor, dirixídevos a nos por correo electrónico.
Perillo, a 17 de setembro de 2019
A Directiva



Toda a comunidade educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas lamenta profundamente o falecemento do profesor de Relixión Juan Santamaría.
Durante esta última semana de curso 45 estudantes de 4º de ESO, acompañados polos profesores María Blanco, Mª José Fandiño e Agustín Fernández Gago, están a desfrutar da VIAXE FIN DE ETAPA 2019 a Irlanda. 

O pasado venres día 14 de xuño celebrouse o Concerto Fin de Curso do noso instituto. Participou todo o alumnado de 2º e 3º ESO, xunto con aqueles de 4º ESO que cursaron Música como materia optativa.
O día 7 de xuño o alumnado de 3º de ESO do Neira Vilas participou no Roteiro Cultural e Literario, actividade na que se visitan diferentes lugares relacionados con personaxes representativas do Concello de Oleiros, tendo como guías a grupos de alumnos que previamente realizaron unha labor de investigación e documentación. Neste ano 2019 as personaxes escollidas foron Luis Seoane, Rosalía Mera e Felipe Criado.