O alumnado de 3º ESO, coa profesora Patricia Varela, elaborou unha serie de poesías curativas contra o confinamento. Invitámosvos a descubrilas nesta ligazón ISSUU.
Arquivo da categoría: Departamento de Lingua Galega
Encontro con Andrea Maceiras
O alumnado de 1º e 2º ESO, que traballou na aula “Conta nove estrelas”, recibíu hoxe 9 de marzo a visita da autora, Andrea Maceiras, e agasallouna con videos de creación propia.
- Velaquí algunhas imaxes do acto.
Visita a Compostela
O alumnado de 3º ESO e 1º Bacharelato visitou o 3 de marzo de 2020 a cidade de Compostela para realizar varias actividades.
Por unha banda, o alumnado de 3º ESO realizou un roteiro pola cidade, deténdose en lugares significativos -nos que o propio alumnado actuou de cicerone. Tamén visitaron a exposición que inaugura o #Xacobeo21, “Galicia, un relato no mundo”, na Cidade da Cultura -a esta actividade tamén acudíu o alumnado de 1º Bacharelato.
O alumnado de Bacharelato visitou ademáis o restaurado Pórtico da Gloria. Finalmente, unha semana e un día despois da conmemoración do “Día de Rosalía”, todo o alumnado se rendeu no Panteón de Galegos Ilustres para honrar á nosa excelsa poetisa.
En suma, foi un día de experiencias e aprendizaxes intensas.
Día de Rosalía
Teatro en Mera
Boa parte do alumnado de ESO e Bacharelato do noso IES asistiu á representación dunha obra baseada no texto Made in Galiza, de Sechu Sende (no auditorio García Márquez de Mera, en colaboración co concello de Oleiros). O alumnado recibiu de agasallo cadanseu exemplar de dito libro.
Os Quinquilláns adaptaron o libro e fixéronnos reflexionar sobre actitudes e prexuízos lingüísticos que vemos a diario.
Semana Neira Vilas
Ao longo da semana final de novembro de 2019 tivo lugar a “Semana Neira Vilas 2019” no centro educativo, coa colaboración de diversos departamentos e alumnado nos actos programados para conmemorar a figura do escritor que dá nome a este IES.
O alumnado leu fragmentos de obras do autor -actividade patrocinada desde a Biblioteca Escolar; diseñou paisaxes “diferentes” para un fondo de neno labrego -actividade promovida polo departamento de Educación Plástica; lembrou ao autor e interpretou o poema “Ai, amor”, una vez máis -nunha colaboración do EDNL e o departamento de Música; chiou en @semaneira; escoitou a Xosé María Dobarro; cantou,…
- Velaquí algúns intres desta semana conmemorativa.
ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO
O día 7 de xuño o alumnado de 3º de ESO do Neira Vilas participou no Roteiro Cultural e Literario, actividade na que se visitan diferentes lugares relacionados con personaxes representativas do Concello de Oleiros, tendo como guías a grupos de alumnos que previamente realizaron unha labor de investigación e documentación. Neste ano 2019 as personaxes escollidas foron Luis Seoane, Rosalía Mera e Felipe Criado. Seguir lendo ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO
YOLANDA CASTAÑO NAS TORRES DE OLEIROS
ENTREGA DA XXIV EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO SAN CLEMENTE
O pasado mércores 20 de marzo os alumnos de segundo de Bacharelato Guillermo Huelin, Victoria Prado, Irene Rodríguez e Iris Lopetegui estiveron na entrega da XXIV edición do Premio Literario San Clemente Rosalía – Abanca aos escritores Marcos Calveiro, Pedro Mairal e Han kang.
O acto de entrega tivo lugar no Auditorio Abanca de Santiago. Posteriormente acudiron con todos os participantes a unha cea no Hostal dos Reis Católicos onde compartiron mesa cos escritores premiados. Acompañaron ao noso alumnado os profesores Ana Crego, do departamento de Lingua Galega, Julia Fernández, do departamento de Lingua Castelá, e Carlos Vidal, do departamento de Francés. Máis fotos abrindo o artigo. Seguir lendo ENTREGA DA XXIV EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO SAN CLEMENTE
DÍA DE ROSALÍA
O día 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, coincidindo co 182 aniversario no seu nacemento.