O luns 11 de novembro, o IES celebrou a súa festa de outono 2019, cunha colaboración significativa de alumnado e profesorado. As actividades, variadas, incluíron unha serie de relatos e conxuro de magosto, ademáis dunha explicación das orixes do Samaín [ver PDF]; unha serie de cartaces aleccionadores sobre a festa do magosto, un obradoiro de cabazas de papel -levado a cabo polo alumnado de 1º Bach.-, unha serie de xogos populares e o propio magosto -que permitíu degustar castañas á comunidade educativa.
Podedes ver algúns intres da celebración nesta ligazón.
O alumnado de 3º de ESO visitou o pasado luns 4 de febreiro as instalacións do parque enerxético experimental de Sotavento, o encoro do Eume e o Lago de As Pontes.
O pasado martes 20 de febreiro o alumnado de 3º de ESO desprazouse, acompañado polo profesorado de tecnoloxía, á Fundación Barrié da Coruña para participar na actividade “Achégate á robótica“.
Neste obradoiro os estudantes programaron os robots educativos Makeblock mBot para superar diferentes retos.
O sábado 5 de maio celebrouse no parque de Santa Margarita a XXIII edición do “Día da Ciencia na rúa”, actividade organizada pola “Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias”.
Como ven sendo tradición nos últimos anos, o noso centro non faltou a esta importante cita ca ciencia cidadá. Neste edición participaron ó longo do día preto de cincuenta rapaces e rapazas realizando diferentes actividades científicas e explicándollas á xente que se acercaba.
Entre as actividades expostas polo noso alumnado podíamos atopar: O ladrón de xulios, anatomía con realidade aumentada, placas termoeléctricas, a fabricación de xabón, o funcionamento dos órganos do corpo, correntes de Foucault, pilas de froitas, flores de cores, libros inseparables, trucos de cartas, motor homopolar, a cicloide, a paisaxe celular, tren magnético e fluídos non Newtonianos entre outras. Seguir lendo Día da Ciencia na rúa→
Os días 21 e 28 de Novembro alumnos de 32 de ESO e 1ª de bacharelato fixeron unha visita, organizada polos departamentos de Física e Química e de Tecnoloxía, á planta de tratamento da augas residuais EDAR de Bens.
Despois dunha explicación do proceso de recollida e tratamento das augas fixeron unha percorrido polas instalacións. Seguir lendo Vista á EDAR de Bens→
O día 6 de maio, organizado polos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Tecnoloxía, o noso centro participou na XXII edición de Ciencia Na Rúa.
Ao longo do día 46 alumnas e alumnos presentaron, con gran entusiasmo e interese, ao público experiencias sobre magnetismo e química.
Agradecemos especialmente a colaboración de Jesús Mosqueira Rey, profesor do departamento de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, polo asesoramento e achega do material para a experiencia de levitación magnética.
A actividade foi organizada polos profesores:
María José Fandiño Río
Laura Fernández Villarino
Blanca Rodríguez Latorre
Xosé Rodríguez Rodríguez
Ramón Romero Pardo, (profesor emérito)
Antonio Varela Caamaño, (profesor emérito)
Actividades sobre magnetismo:
Imáns polos e forzas magnéticas.
Materias ferromagnéticos e non ferromagnéticos.
O compás: determinación dos polos dun imán.
Construción de imáns.
Experiencia de Oersted.
Forza de Lorentz.
Construción de electroimáns.
Experiencias de indución.
Motor homopolar.
Tren de bobina.
Levitación magnética con supercondutor.
Actividades de química:
Reaccións redox con permanganato: transformacións de viño en auga.
Ácidos e bases: A col lombarda como indicador de pH.
Diferencias de densidade: Lámpada de lava e as lentellas máxicas.
A capacidade comunicativa do noso alumnado mantivo a xaima chea de público
O pasado sábado, 7 de maio, o noso centro participou no XXI Día da Ciencia Na Rúa. Dende as 11 da mañá ata as 7 da tarde unha nutrida representación do alumnado do centro presentou ao público asistente unha colección de actividades e experiencias que trataban de popularizar e desmitificar o coñecemento científico.
O capacidade de comunicación do alumnado e a súa facilidade para adaptar as explicacións á idade dos visitantes mantiveron a nosa xaima sempre chea de visitantes.
Preparando as actividades
Preparando os carteis
Ciencia na rúa
Ciencia na rúa
A implosión dunha lata foi unha das actividades máis populares
A implosión dunha lata foi unha das actividades máis populares
A capacidade comunicativa do noso alumnado mantivo a xaima chea de público
Ciencia na rúa
A impresora 3D non para de traballar en todo o día
Ciencia na rúa
Ciencia na rúa
Ciencia na rúa
Ciencia na rúa
Maxia e dinámica de fluídos
O vacío pode inflar un globo
Como podemos coñecer a composición das estrelas?
A choiva non diminuiu o interese
Pequenos e maiores amosaron o seu interese pola ciencia
Ciencia na rúa
Ciencia na rúa
A Plana Maior
Participantes
Alumnado : Daniel Alba Pascoal, Lucía Arce Fernández, Alejandro Basante Díaz , Javier Castro Iglesias, Diego Chenlo Portabales, Rubén Digón Louzara, Martín Fernández-Obanza Durán, Lucía Flórez Bustad, Antía González Fernández, Marta Martínez Novo, Pepa Mata Varela, Emilia Oróns Vázquez, Miguel Pozo González, Cesar Resch Pérez, Alba Rouco Prieto, Iago Ruibal Lago, Uxía Sabrojo Catoira, Guillermo Astor Torres Lamas, Adrián Vázquez Pintor, Marcos Vázquez Rubín.
Profesorado : Jesús Antonio Curros López e Laura Fernández Villarino do Departamento de Física e Química, Xosé Rodríguez Rodríguez do Departamento de Tecnoloxía e Ramón Romero Pardo e Antonio Varela Caamaño, profesores eméritos do departamento de Física e Química.
Actividades presentadas
Cartel de Ciencia na Rúa 2016
O aire esmaga unha lata de refresco
Una figura de papel imposíbel de realizar
O sistema binario e máis eu adiviñámosche o numero pensado