Arquivo da categoría: Departamentos

VIAXAR AOS ESTADOS UNIDOS OU A UN PAÍS DE FALA INGLESA

Alumnos de 1º, 2º e 4º ESO participaron no proxecto anual do centro: as viaxes.Baixo a supervisión e coas indicacións do auxiliar de conversa de inglés, Seth Brooks

Os alumnos de 1º elaboraron uns trípticos con información turística sobre distintos estados norteamericanos.

Os de 2º imaxinaron que tiñan que facer uns carteis para unha axencia de turismo para animar a xente a visitar unha cidade estadounidense ou calquera outra de fala inglesa.

Os alumnos de 4º buscaron información, fotos e ilustracións sobre viaxes que influíron na historia dos Estados Unidos e fixeron unha gravación con eses contidos.

CONCURSO A TÁBOA PERIÓDICA E GALICIA

Os carteis presentados por tres alumnas de 3º de ESO: Ada Agasar, Marta Cabo  e Cristina Vázquez, foron seleccionados entra os 30 finalistas do concurso Táboa Periódica e Galicia, organizado pola Facultade de Química da USC.

O día 24 de maio acudiron á citada facultade de Santiago para expoñer os seus carteis e participar no acto de entrega de agasallos. Seguir lendo CONCURSO A TÁBOA PERIÓDICA E GALICIA

FELICITACIÓNS AO ALUMNADO BACHIBAC

En nome de toda a comunidade educativa, queremos felicitar aos estudantes  da promoción Bachibac 2019, que recibiron na data de hoxe os resultados da Proba Externa do BACCALAURÉAT (Bacharelato Francés), superada por todos eles con excelentes resultados.  Facemos extensiva a citada felicitación ao profesorado implicado no programa.

Desexámoslles unha feliz andadura nesta nova etapa que agora comezan. Noraboa!

CIENCIA NA RÚA 2019

O sábado 4 de maio celebrouse no parque de Santa Margarida a XXIV edición do “Día da Ciencia na Rúa”, actividade organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

Un  ano máis, o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas estivo presente nunha das carpas da citada celebración, coa participación dun numeroso grupo de estudantes, coordinados polas profesoras María Blanco  e  María José Fandiño. Seguir lendo CIENCIA NA RÚA 2019