O 2 de decembro de 2022, Victorino Pérez Prieto -no marco da Semana Neira Vilas– deu unha charla no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas” de Oleiros sobre “Xosé Neira Vilas e Prisciliano”.
Xosé Neira Vilas ten manifestado un profundo interese por Prisciliano, un bispo inxustamente axustizado por herexe ao remate do século IV. El e a súa dona Anisia Miranda eran alcumados pelo seu amigo o insigne escritor Alejo Carpentier “os meus amigos herexes priscilianistas”.
Egrexios galegos como Otero Pedraio, Risco e Castelao tiñan tamén manifestado a importancia de Prisciliano na cultura galega. Otero chega a dicir que é “a maior individualidade que Galiza xerou”.
Prisciliano (345-385) foi un teólogo xenial, pero que foi condenado como herexe bispos e concilios por descoñecemento dos seus escritos, mas logo foi rehabilitado 1500 anos despois. Foi tamén un asceta, un abstinente; e asé mesmo foi o iniciador dun movemento social e profeta contra o poder establecido na Igrexa na decadencia do imperio romano. E para os galegos un mito necesario para Galiza, por estar nos alicerces da cultura galega.
Arquivos da etiqueta: Semana Neira Vilas
Videos para Neira Vilas
Este ano é especial. Ano COVID, mais ano tamén de lembranza do quinto aniversario do pasamento de Xosé Neira Vilas, o autor galego que dá nome ao noso instituto. Non poderemos facer actos multitudinarios, mais alumnado e profesorado deixa aquí gromos da súa participación.
Semana Neira Vilas
Durante a semana do 26 ao 30 de novembro o noso centro homenaxea ao escritor do cal recibe o nome, coincidindo co cabodano do seu falecemento, o 27 de novembro de 2015. Este é o terceiro ano consecutivo no que o instituto organiza estas actividades en memoria da figura literaria de Xosé Neira Vilas.
Vídeo da Semana Neira Vilas 2018. Realización e producción de Hakaneirafilms
Galería de fotos de Alberto Pombo
A continuación descríbense as actividades organizadas para cada un dos días desta semana.
Semana Neira Vilas
Do 27 de novembro ao 1 de decembro este ano celebraremos a Semana Neira Vilas a través de varias actividades. Por unha banda, o Departamento de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Plástica convoca o concurso “As paisaxes de Anisia”. A partir da lectura de textos sobre a vida e obra de Anisia Miranda, o alumnado realizará unha obra plástica que recolla as súas imprensións. Por outra banda, o venres 1 de decembro haberá unha homenaxe na que participará todo o centro. Contarase coa presenza de Luis Reimóndez, presidente da Fundación Neira Vilas, e Pepe Carballude. Ambos terán un encontro co alumnado de 3º e 4º da ESO para lembrar a figura do escritor e de Anisia Miranda.