O alumnado de de 1º de ESO C e 3º ESO C participaron no Obradoiro Ars Scribendi impartido por David Amboage empregando cálamo e papiros para practicar este arte.
Arquivos mensuais: Marzo 2023
Un día en Galicia con 3º ESO
Os días 21 e 22 de marzo o alumnado de 3º ESO visitou Santiago de Compostela no marco do programa “Un día en Galicia” do Concello de Oleiros. A actividade, promovida polo Departamento de Xeografía e Historia, contou coa guía de Marta e Ana e permitiu ao alumnado coñecer un pouco mellor a cidade compostelá, desde algunhas das súas zonas verdes e parques ata o casco vello, a catedral ou o Museo do Pobo Galego.
MOZAS E MOZOS REFERENTES
Un día en Galicia con 1º ESO
Os días 14, 15 e 16 de marzo o alumnado de 1º ESO disfrutou dunha xornada de descubrimento e aprendizaxe no Castro de Viladonga e na cidade vella de Lugo grazas ao programa “Un día en Galicia” do Concello de Oleiros. A actividade, promovida polo Departamento de Xeografía e Historia, contou coa marabillosa labor de Marta, Ana e Fran, os/as monitores/as que sempre nos guían nestas saídas. Moitas grazas a elas e tamén ao Museo do Castro de Viladonga, polo seu caloroso recibimento!
Novo punto de intercambio de libros
Este curso 2022-2023 a biblioteca do IES Neira Vilas habilitou no andar baixo do instituto un punto de intercambio de libros. Nel pódese coller libremente o volume que se queira ler; a cambio só hai que deixar outro libro que xa se lera ou que se teña pola casa e non se utilice. O obxectivo é compartir as lecturas das que se disfrutou e descubrir outras novas.
Participación na campaña 8m do Concello de Oleiros


Un reto da biblioteca polo 11 de Febreiro
A nosa biblioteca celebrou o Día da muller e da nena na ciencia o 11 de febreiro plantexándolle un reto ao alumnado. Tratábase de identificar diversos inventos e descubrimentos realizados por mulleres científicas ao longo da historia. A actividade completouse co mural no que se expuxeron esas aportacións ao longo de toda a semana e cunha exposición de libros STEM escritos por mulleres científicas. Seguimos traballando e avanzando cara á plena igualdade en todos os campos de coñecemento e en todos os ámbitos da vida.
RECREOS CON ROSALÍA
Ao longo desta semana os recreos énchense de xogos rosalianos feitos polo alumnado de 2º de ESO.
Anímate a participar!