CHARLAS DE ORIENTACIÓN NO INSTITUTO E XORNADAS DE ORIENTACIÓN ARTÍSTICA E PROFESIONAL (XOAP 2025) DO CONCELLO DE CORUÑA

O pasado 14 de xaneiro a orientadora do noso centro, Beatriz Hermida, impartiu unha charla de orientación académica en todos os grupos de 4º ESO, centrada en informar ao alumnado sobre as ensinanzas de formación profesional e as ensinanzas de réxime especial, con particular atención ás ensinanzas deportivas e ensinanzas artísticas (ensinanzas de arte dramática, de artes plásticas e deseño, e de conservación e restauración de bens culturais).

De xeito complementario, infórmase de que do 27 de xaneiro ao 7 de febreiro (ás 14:00 h.) está aberto o prazo para que o alumnado interesado se inscriba nas Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025), que organiza o Concello de Coruña.
O obxecto das Xornadas é dar a coñecer aos/ás estudantes de secundaria a oferta de Formación Profesional na Coruña, así como das ensinanzas artísticas profesionais e dos estudos superiores de deseño para o próximo curso 2025/2026. As datas previstas para a súa realización son os días 17, 18, 19 e 24 de febreiro. Pódese consultar toda a información, así como os folletos e carteis, no seguinte enlace: https://www.coruna.gal/educacion/gl/programas-educativos/detalle-programa/ii-xornadas-de-orientacion-artistica-e-profesional-xoap-2025/contenido/1453870389882

IMPORTANTE: CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Queridas familias, adxuntámosvos a convocatoria para unha asemblea que terá lugar o vindeiro Xoves 6 de Febreiro no instituto.

Entendemos que esta reunión e trascendente de cara ó futuro da nosa organización.

Nestes intres NON dispoñemos de persoas que queiran asumir os cargos obrigatorios por ley necesarios para a constitución da nova xunta.

Chegados a este punto de non retorno so queda apelar a vosa responsabilidade coma familias que formades parte da comunidade educativa (sexades socios da ANPA ou non), para que nesta asemblea aparezan os candidatos necesarios e poder facer a transición o antes posible.

De non aparecer a xente suficiente para formar novo equipo, a única posibilidade sería tristemente a disolución e desaparición da ANPA do Noso Intituto.

Deixamos a convocatoria da asemblea e ó mesmo tempo a decision nas vosas mans. Dado a importancia desta asemblea esperamos contar coa vosa participación.

Un saúdo

CONVOCATORIA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

O NOSO CENTRO EN “FAI MEMORIA! XORNADA DE FORMACIÓN PARA DOCENTES ARREDOR DA MEMORIA HISTÓRICA”

Este sábado, 18 de xaneiro, celebrouse no Centro sociocultural Maruxa e Coralia de Santiago de Compostela a xornada “Fai memoria!”, organizada pola Deputación da Coruña e dirixida por Eva Mejuto, coa intención de crear un foro de reflexión e posta en común de experiencias arredor da memoria histórica e o seu traballo nas aulas dos centros educativos.
O noso instituto estivo dobremente representado nesta xornada. Por un lado, a xefa de estudos e profesora de Xeografía e Historia, Mercedes López-Mayán, participou na mesa de experiencias de memoria nas aulas presentando os numerosos proxectos e iniciativas que arredor da memoria se teñen desenvolvido no noso centro nos últimos anos. Por outro lado, a coordinadora do Equipo de dinamización lingüística e profesora de Lingua galega e literatura, Eli Ríos, presentou as unidades didácticas que elaborou xunto coa Beatriz Maceda arredor do material da exposición “Sinaladas. A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión”, organizada pola Deputación da Coruña e comisariada por Montse Fajardo. Tanto a exposición como as unidades didácticas poden consultarse neste enlace: https://www.dacoruna.gal/cultura/sinaladas/
Máis información sobre a xornada pode verse nos seguintes enlaces:
e

RESERVA, ADMISIÓN E MATRÍCULA CURSO 2025-26

OFERTA DE PRAZAS VACANTES PARA O CURSO 2025-2026 DESPOIS DO PROCESO DE RESERVA

Documento

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DO ALUMNADO CON POSTO RESERVADO. CURSO 2025-2026

Rematado o procedemento de reserva de postos escolares para o alumnado procedente do centro adscrito (CEIP Valle Inclán), informamos que os postos dispoñibles en 1º ESO no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas para o curso escolar 2025-2026 son suficientes para atender todas as solicitudes presentadas en prazo.

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, estará exposta no taboleiro de anuncios do centro adscrito (CEIP Valle Incláne de adscrición (IESP Xosé Neira Vilas) a listaxe definitiva do alumnado con posto reservado.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA NO IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas.

O prazo para formalizar a matrícula prevese que sexa entre o 27 de xuño e o 4 de xullo de 2025segundo as quendas por cursos que se establecerán no calendario de matrícula que será plublicado na web do instituto no seu momento.

PRAZOS, DOCUMENTACIÓN, INFORMACIÓN

1) SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DO CENTRO ADSCRITO (CEIP RAMÓN Mª DEL VALLE-INCLÁN) PARA 1º ESO:

– Prazo de solicitude de reserva: Do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro.

– Procedemento: Presentación da solicitude de reserva ED550A no centro de orixe (pódese descargar neste enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), ben de xeito manual, ben a través da Sede electrónica coa Chave 365 ou con certificado dixital.

– Asignación de prazas e publicación de listaxes de alumnado admitido sen fase de baremo e de prazas vacantes no taboleiro do IES e na aplicación admisión alumnado: 22 de febreiro. No caso de que non houbera praza para todas as solicitudes de reserva, publicarase tal circunstancia no centro e todo o alumnado deberá presentar necesariamente a solicitude de admisión ordinaria coa documentación que se indica neste documento a efectos de realizar a baremación: Documentación para solicitude de admisión.


2) SOLICITUDE DE ADMISIÓN ORDINARIA DO ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS PARA CALQUERA CURSO:

– Prazo de solicitude de admisión ordinaria: Do 1 ao 20 de marzo.

– Procedemento: Presentación da solicitude de admisión (ED550B (Anexo II e Anexo IIbis) (pódese descargar neste enlace: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/), ben de xeito manual no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, ben a través da Sede electrónica coa Chave 365 ou con certificado dixital.

– Documentación necesaria: coa solicitude de admisión deberá presentarse a documentación que se indica no seguinte documento: Documentación para solicitude de admisión.

– Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas no taboleiro do IES e na aplicación admisionalumnado: 25 de abril.

– Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas no taboleiro do IES e na aplicación admisionalumnado: 15 de maio.

 

3) MATRÍCULA NO CENTRO DE TODO O ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO ADMITIDO NOS PROCESOS DE RESERVA E/OU ADMISIÓN ORDINARIA

– Prazo de matrícula: Do 27 de xuño ao 4 de xullo, segundo as quendas por cursos que se establecerán no calendario de matrícula que será publicado na web do instituto no seu momento.

– Instrucións para a matrícula: nas datas de matrícula estará disponible na web do instituto toda a información sobre o procedemento de matrícula, impresos de matrícula, documentación necesaria e lugar e horario para formalizala.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

  1. As persoas solicitantes poderán presentar solicitude de admisión en prazo pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia e alegando os criterios de admisión/baremación que pretendan que se lles valoren. Esta solicitude deberá ser dirixida ao centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
  2. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
  3. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, asimesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento de admisión.
  4. O IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas conta cunha liña de transporte escolar e cafetería escolar en horario de 08:30 a 13:30.
  5. A admisión e matriculación do alumnado no IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas implicará o respecto do seu proxecto educativo.
  6. Para calquera consulta sobre o procedemento poden acudir ao portal da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades e á aplicación admisionalumnado(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), así como á normativa de referencia indicada a continuación.

 

NORMATIVA DE REFERENCIA

O procedemento de reserva, admisión e matrícula réxese pola seguinte normativa de referencia:

  1. Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación[DOG do 11 de febreiro de 2022].
  2. Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C)[DOG 8 de novembro de 2022].
  3. Instrucións da Dirección Xeral de centros e recursos humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2025-2026.

A DIRECTORA DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA VISITOU O NOSO CENTRO PARA COÑECER MÁIS DE PRETO O PROGRAMA BACHIBAC E O SEU PROFESORADO E ALUMNADO

O mércores, 15 de xaneiro, tivemos o enorme pracer de recibir a visita da Directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández, acompañada da responsable de Edulinguas, María Jesús Lorenzana, que se interesaron polo funcionamento e retos do programa Bachibac no décimo aniversario da súa implantación no noso instituto.
A nova máis detallada pode consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/45550

La Voz de Galicia tamén se fixo eco desta visita; a nova completa pódese consultar aquí: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2025/01/16/ies-neira-vilas-oleiros-unico-galicia-obtiene-titulo-frances/0003_202501H16C6992.htm

PARTICIPACIÓN EN EDUEXCHANGES E REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O INTERCAMBIO DE BACHIBAC 1

Un curso máis o noso centro resultou seleccionado para participar no Programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2024/2025, segundo se recolle no portal da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/43431.
A axuda económica concedida ao abeiro deste programa, enmarcado na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras Edulingüe 2030, destinarase a financiar o intercambio do alumnado de 1º de Bacharelato que cursa o programa Bachibac co Lycée Saint François-Xavier de Vannes (Bretaña). Dito intercambio terá lugar do 6 ao 14 de marzo.
Este xoves, 16 de xaneiro, ás 18:00 h., celebrarase no centro unha reunión coas familias do alumnado implicado para informar de todas as cuestións relativas á organización do intercambio-

O ESCRITOR ERIC DOPAZO ACHEGOUSE AO NOSO CENTRO PARA UNS ENCONTROS MOI ESPECIAIS

O 19 de decembro de 2024 comezou a mañá coa charla Diversidade para todes na que reflexionamos sobre os nosos referentes da música ou da lectura, por exemplo, e démoslle un par de voltas a que nos trasmite esta sociedade respecto dos valores de igualdade. Seguir lendo O ESCRITOR ERIC DOPAZO ACHEGOUSE AO NOSO CENTRO PARA UNS ENCONTROS MOI ESPECIAIS