Todolos artigos de: direccion

Nanociencia e nanotecnoloxía

Hoxe estivo connosco Moisés Canle, da UDC, que presentou unha nova titulación -Nanociencia e nanotecnoloxía, que iniciará o seu andar no vindeiro curso académico, ao alumnado de bacharelato de Ciencias. Esta titulación só se pode cursar de momento na UAB, e prevese unha cantidade de prazas limitadas a 50.

O profesor Canle presentou algunhas das aplicacións que pode ter a nova titulación, no eido da cosmética, as máquinas moleculares,… A nanociencia consiste na manipulación de partículas de tamaño ínfimo, co obxecto de cambiar as súas propiedades.

Teatro en Mera

Boa parte do alumnado de ESO e Bacharelato do noso IES asistiu á representación dunha obra baseada no texto Made in Galiza, de Sechu Sende (no auditorio García Márquez de Mera, en colaboración co concello de Oleiros). O alumnado recibiu de agasallo cadanseu exemplar de dito libro.

Os Quinquilláns adaptaron o libro e fixéronnos reflexionar sobre actitudes e prexuízos lingüísticos que vemos a diario.

O bo, se breve…

O alumnado de 3º ESO visitou o 7 de febreiro a Biblioteca Rialeda e disfrutou coa presenza da escritora Maribel Andrés Llamero, que impartíu para eles un monográfico de micronarración.

A actividade consistíu na exposición de diferentes microcontos e microrrelatos, aos que o alumnado contribuíu a poñer títulos ou remates.

Acción #EDLG no CEIP Valle-Inclán

Unha nova acción do colectivo GALEGUIZA-T tivo lugar hoxe no CEIP Valle-Inclán de Perillo. Cinco alumnas e alumnos correspondentes ao EDLG (María, Antía e Gabi, de 1º ESO; Iago e Marcos, de 2º Bach) levaron a cabo una conferencia sobre Imagotipos para concienciar do uso do galego na vida cotiá.

En conexión coa Antártida

O alumnado de 3º e 4º de ESO asistíu -na Domus de A Coruña- a unha conexión en directo coa base española de investigación na Antártida, concretamente na illa Decepción.

Na videoconferencia, o xornalista e divulgador científico en La Voz de Galicia Xavier Fonseca explicounos a súa rutina diaria na base, contestando ás preguntas dun alumnado que amosou curiosidade por saber as súas sensacións coñecendo que están nun cráter dun volcán activo que ven de entrar en alerta laranxa. Esta circunstancia é aproveitada polos xeólogos para estudiar a dinámica sísmico-volcánica en Decepción e aplicar os datos obtidos noutras zonas do planeta. De obrigada mención nesta intervención foron tamén as evidencias do cambio climático, sobre todo no comportamento dos glaciares.

A conexión durou só media hora, mais o interese do alumnado remítenos á posibilidade de que Xavier responderá ás preguntas que quedaron sen facer cando volva a Galicia, nunha visita ao noso centro.

A pesares de que as condicións climáticas son moi particulares na Antártida, o entusiasmo de Xavier transmitíunos tamén o desexo de pasar alí una tempada, nese inlandsis de paisaxe tan extraordinaria e vida singular.

Encontro con Ana Alcolea

O martes 4 de febreiro, o alumnado de 1º e 3º ESO tiveron a oportunidade de escoitar a Ana Alcolea.

A escritora zaragozana é autora de “El secreto del colibrí dorado” e “El medallón perdido”, os dous libros que este alumnado xa lera no primeiro trimestre.

Foi un encontro moi agradable. Aprendemos sobre o importante que é a lectura, a curiosidade, as viaxes, o coñecemento doutras culturas, se é máis difícil comezar ou rematar un libro, e moitas outras cousas… Todo ambientado cos traballos e debuxos que alumnas e alumnos xa elaboraran no primeiro trimestre do curso académico, e cun tear, lás, algodóns e liño cos que quixemos viaxar ao mundo de “El secreto del colibrí dorado”. Agradecemos a Alberto Roca o empréstimo temporal destes materiais para esta actividade.

O novo grupo LGBTI do Neira

O noso instituto xa ten en marcha un grupo LGBTI!

Alumnado e profesorado deste centro acaba de por en marcha un grupo LGBTI que se inscribe na Rede Educativa de Apoio LGBTI de Galicia. LGBTI

O grupo nace co obxectivo de continuar a andaina de normalización e visibilidade no noso centro, combater o acoso escolar por razón de orientación sexual ou identidade de xénero e organizar actividades específicas que vaian na liña da normalización da realidade LGBTI nas nosas aulas.

Deixamos o enlace coa Lei do 14 de abril de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia.

Lei LGTBI galega

Semana Branca

Do 26 ao 31 de xaneiro de 2020 tivo lugar, na estación de Formigal, a realización da #SemanaBranca con alumnado de 3º e 4º ESO e 1º Bacharelato. Un total de 32  alumn@s esquiaron e exploraron Jaca, e case tod@s superaron o nivel intermedio, recibindo o diploma correspondente!!! Baixaron tod@s as pistas azuis e algúns/has atrevéronse coas vermellas; tamén fixeron o circuito “funny track”, con diversas probas. Con folgos renovados, regresan ás aulas para reemprender o curso académico.

Curso de mediación

Entre os meses de decembro de 2019 e xaneiro de 2020, na Casa da Cultura de Perillo, realizouse o curso de mediación para alumnado de 1º ESO. Comezaron o mesmo 21 alumn@s, e rematárono 11 -obtendo o diploma que lles faculta para exercer como mediadoras/es no noso IES.

As 6 sesións do mesmo foron impartidas por unha psicóloga de ADAFAD, asociación que colabora co noso equipo de mediación xa non por primeira vez.