O día 20 de decembro ás 20h tivo lugar no salón de actos do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas a charla sobre Técnicas de Estudo, organizada polo departamento de orientación en colaboración coa ANPA Arce e impartida por Belén Pérez Sanmartín, pedagoga do gabinete Eleeméntal. Seguir lendo Charla sobre Técnicas de Estudo para as familias
Todolos artigos de: vicedireccion
Proxectos sobre As Viaxes
Algúns dos traballos realizados polo alumnado do noso instituto están estes días expostos para toda a Comunidade Educativa.
Xornada Bachibac en Madrid
O pasado 12 de decembro celebrouse unha Xornada Bachibac, organizada polo Institut Français de Madrid en colaboración co Ministerio de Educación y Formación Profesional.
Asistiron 4 alumnas Bachibac do noso centro, acompañadas do profesor Carlos Vidal. En total participaron na Xornada, unhas 300 personas, entre profesorado e alumnado Bachibac de todas as Comunidades Autónomas.
Actividade fin do primeiro trimestre

Seguidamente relizaranse actividades deportivas e simultaneamente terá lugar a posta en escea dos diferentes proxectos realizados nas aulas sobre o tema escollido para este curso As Viaxes, grandes e pequenas
1º de bacaheralato investiga a vacina do VIH

O alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato participou o día 12 de decembro nun obradoiro na Domus (A Coruña) para investigar como funciona a vacina do VIH. Nesta actividade aplicaron o procedemento para desenvolver unha vacina que podería protexernos deste virus, afondaron no coñecemento das variantes do VIH e analizaron a eficacia da citada vacina.
Sesión de Body-Box para 1º de ESO
O alumando de 1º de ESO participou os pasados días 8, 15 e 22 de novembro nunhas sesións de Body-Box, impartidas para cada grupo por especialistas na materia no ximnasio da Piscina Municipal de Perillo.
Esta actividade foi organizada polo departamento de Educación Física e subvencionada na súa totalidade polo Concello de Oleiros.
LABELFRANCEDUCATION para o Neira
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de comunicar ao noso centro que foi mercedor do LABELFRANCEDUCATION do MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES de Francia.
O LabelFrancEducation é unha prestixiosa distinción outorgada en todo o mundo aos centros educativos que sobresaen por ofrecer un ensino bilingüe da lingua e a cultura francesas de calidade e excelencia. Seguir lendo LABELFRANCEDUCATION para o Neira
Semana Neira Vilas
Durante a semana do 26 ao 30 de novembro o noso centro homenaxea ao escritor do cal recibe o nome, coincidindo co cabodano do seu falecemento, o 27 de novembro de 2015. Este é o terceiro ano consecutivo no que o instituto organiza estas actividades en memoria da figura literaria de Xosé Neira Vilas.
Vídeo da Semana Neira Vilas 2018. Realización e producción de Hakaneirafilms
Galería de fotos de Alberto Pombo
A continuación descríbense as actividades organizadas para cada un dos días desta semana.
Obradoiro de robótica para 3º de ESO
O pasado martes 20 de febreiro o alumnado de 3º de ESO desprazouse, acompañado polo profesorado de tecnoloxía, á Fundación Barrié da Coruña para participar na actividade “Achégate á robótica“.
Neste obradoiro os estudantes programaron os robots educativos Makeblock mBot para superar diferentes retos.
Innova o teu futuro
