Todolos artigos de: vicedireccion

Concurso de fotografía: A Lúa

Convócase a segunda edición do Concurso  de fotografía do IES Pluringüe Xosé Neira Vilas que, nesta convocatoria, ten coma eixo central “A Lúa”. O prazo de presentación de imaxes estará aberto ata o vindeiro 19 de decembro.

Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade englobada no Proxecto da Biblioteca.

Seguir lendo Concurso de fotografía: A Lúa →

Visita á AEMET do alumnado de Xeografía de 2º de bacharelato

…Para comprobar como se realizan as medicións analóxicas de temperatura, precipitación, presión e ventos no xardín do Observatorio,… Para comprobar como a radio-sonda lanzada dúas veces por día transmite informacións sobre a atmosfera en altura,… Para conhecer como se traballa na web da Axencia Estatal de Meteoroloxía,… Para preguntar sobre meteoros, catástrofes naturais e cambio climático antropoxénico.
O alumnado de Xeografía de 2Bach visitou o Observatorio Meteorolóxico da Coruña o 6 de novembro de 2018… A clase continúa o xoves 8, na cafetería do centro educativo.

Estudantes de 2º de bacharelato forman parte do xurado do Premio Literario San Clemente

O pasado martes 30 de outubro Guillermo Huelin, Victoria Prado, Irene Rodríguez, Iris Lopetegui, Clara Bode e Lucía Hermida formaron parte do xurado do Premio San Clemente Rosalía-Abanca, xunto con outros estudantes de diferentes institutos tanto galegos coma doutros países. Seguir lendo Estudantes de 2º de bacharelato forman parte do xurado do Premio Literario San Clemente →

Proxección de cine: “First man”

ProxecciónNeil Armstrong é retratado polo cineasta Damien Chazelle na súa esfera privada e profesional en “First Man”, un filme que tenta contarnos minuciosamente a “década bisagra” do enxeñeiro que pisou por primeira vez o noso satélite -á par que radiografía as dificultades no camiño cara ao obxectivo final. O alumnado de 4º ESO e 1°de Bacharelato tivo ocasión de acudir a unha proxección no cine este 22 de outubro de 2018, a menos dun ano da efeméride da primeira alunizaxe.

Iniciación ao remo e kaiak 3° ESO

remo-outubro-2018O alumnado de 3º ESO  participou  na actividade de remo e kaiak impartida polo Clube de Remo Perillo, en diferentes quendas: mércores 3 3º ESO B e o venres 5 unha parte do alumnado de 3º ESO A.

Os monitores, entre os que figuraban exalumnos do centro, contribuíron moi positivamente a que os participantes desfrutasen dos deportes náuticos.
A actividade foi subvencionada na súa totalidade polo Concello de Oleiros. Seguir lendo Iniciación ao remo e kaiak 3° ESO →

INTERCAMBIO CO SCHULE EINS DE BERLÍN

BerlínO pasado martes 2 de outubro rematou o intercambio de 4º de ESO co Schule Eins de Pankow (Berlín). Durante estas dúas semanas o noso alumnado realizou diversas actividades educativas, culturais, deportivas e de ocio; tanto en Alemaña coma na nosa contorna. Dende a dirección do instituto agradécese  a excelente acollida das familias e a boa actitude dos estudantes durante todo o intercambio.