Todolos artigos de: vicedireccion

Proxecto Terra: Visita á cidade de Porto

Foto dos participantesOs días 11 e 12 de maio, alumnado de 3º ESO participou nun novo intercambio do Proxecto Terra, neste caso á cidade de Porto.
Acompañados por Xosé Antón García, Carlos Vidal e Jorge Carlos Calle , visitaron o primeiro día a Fundación Serralves, construción destacada do arquitecto Álvaro Siza, e realizaron un percorrido polo casco vello de Porto.
O aloxamento foi na “Pousada de Juventude” de Espinho. O segundo día, despois dunha viaxe no metro da cidade, tivemos unha visita á Casa de Música, edificio singular do arquitecto Rem Koolhaas .
Agradecer ao Proxecto Terra a boa organización e atención prestada ao noso alumnado.

Inhumano

logo inhumanoComo resultado do traballo interdisciplinar do segundo trimestre, a comezos de abril tivo lugar no IES a performance “Inhumano”, nesa dialéctica que este curso académico confronta humanidade e inhumanidade.
Aproveitando o 75 aniversario da Conferencia de Wannsee, na que se decidíu a posta en práctica da “Solución Final” e argallando así a posibilidade de entrar a fondo na novela de Laurent Binet “HHhH”, os distintos departamentos didácticos e alumnado revisaron o concepto de “Inhumano” desde diferentes ópticas.
Consulta o noso traballo:

Presentación do acto
Presentación de Xenética
Videos:







2ª promoción de Bachibac-Galicia do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas

Bachibac 2017En nome de toda a Comunidade Educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas dámoslle a nosa mais sincera felicitación polo éxito acadado na Proba Externa do Bachibac, ao aprobar, con moi boas notas, e obter así o título do BACCALAURÉAT francés os 6 alumnos que conforman esta 2ª promoción Bachibac-Galicia.
Moita sorte na nova etapa que comeza e tamén moitos éxitos para todos eles !!!!

Os xornais xornais fan referencia á nova promoción nas súas páxinas:

“La Opinión”

“La Voz de Galicia”

Ademáis o xornal “La Opinión” publicou, o día 21/05/2017, un artigo sobre o Bachibac no noso centro co título “La excelencia del Neira Vilas”.

O artigo recolle declaracións dos profesores Xosé Antón García e Carlos Vidal López.

Máis información…

Ruta ao Monte Xalo

Os alumnos de 1º de ESO, o 27 de Marzo (1º A) e o 3 de Abril (1ª B), realizaron unha visita didáctica polo Monte Xalo organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Ademais de coñecer de comparar as especies vexetais do bosque autóctono e o das plantacións e gozar da paisaxe, comprobaron “in situ” as formacións xeolóxicas graníticas típicas da zona; coñeceron lendas e pasearon a carón do Rego das Xesteiras, á sombra do que queda do bosque de ribeira, antigos muíños de auga restaurados, para acabar na Torre de Celas, único vestixio dun antigo Castelo que os Andrade tiñan no camiño da Coruña a Santiago. Aprenderon tamén a respectar e coidar a nosa paisaxe e o noso patrimonio dun xeito ameno.