Estes son os modelos para comunicar a conta na que desexan que realicemos o reembolso das viaxes previstas e non realizadas no curso 2019-20.
Arquivo da categoría: Excursións
excursion 4º ESO
Visita ao campus de Ferrol
O alumnado de de 1º Bacharelato de Ciencias visitou, o venres 17 de xaneiro, con motivo do día da enxeñaría, o campus de Ferrol, pertencente á UDC. Durante o transcurso da xornada o alumnado puido realizar diversas actividades:
– Unha visita guiada á planta baixa do Exponav, adicada á Historia da Construcción Naval. Fixeron un percorrido polas diversas técnicas de construcción e os servicios mais esenciais dun buque.
– Una visita ás Escolas politécnica superior de Esteiro (EPS) e a escola universitaria politécnica (EUP) de Serantes onde os estudiantes visitaron os principais laboratorios, e se organizaron actividades co fin de mostrar o traballo que se leva a cabo nestes polos distintos grupos de investigación. Entre outros, puideron ver os laboratorios de enxeñaría eléctrica e electromécánica, observar un tanque de ensaios hidrodinámicos, simulación de máquinas e vehículos, aplicacións do láser, robótica autónoma ou a automatización da “Lights Out Factory”.
A xornada completouse cunha comida no campus e un paseo polo casco vello da cidade.
SENDEIRISMO E KAIAK NAS FRAGAS DO EUME
O venres 30 de maio, os alumnos/as de 1º de bacharelato, participaron nunha xornada de “SENDERISMO e KAIAK” nas FRAGAS do EUME. O percorrido foi de sete kilómetros de andaina e dous kilómetros polo río. Organizada polo departamento de Educación Física e financiada na súa totalidade polo concello de Oleiros, a actividade transcorreu nun día soleado e sen incidentes.
Máis fotos lendo máis… Seguir lendo SENDEIRISMO E KAIAK NAS FRAGAS DO EUME
APENDER NA NATUREZA: BARREIROS (SARRIA)
Do 29 ao 31 de maio o alumnado de 2º de ESO participa na actividade Camiño de Santiago en Barreiros (Sarria).Esta actividade realízase dentro do programa Aprender na Natureza promovido polo Servizo Municipal de Educación do Concello de Oleiros
ENCONTROS NA NATUREZA: O COUREL
Do 22 ao 24 de maio o alumnado de 1º de ESO ten a oportunidade de participar nunha actividade medioambiental nun entorno natural privilexiado: A Serra do Courel. Esta actividade realízase dentro do programa Aprender na Natureza promovido polo Servizo Municipal de Educación do Concello de Oleiros
Obradoiro de mediación
Viaxe fin de etapa

Un grupo de alumn@s de 4º de ESO protagonizan, do 17 ao 21 de xuño, a súa viaxe de Fin de Etapa.
Durante ese días estarán en Barcelona con visitas ao Museu Nacional d’art de Catalunya (sección de arte románico), á Sagrada Familia e a L’Aquàrium e rutas polo Barrio Gótico e o Modernista. Dedicarán unha xornada para visitar o Teatro-Museo de Dalí en Figueres e concluirán con dúas xornadas en Port Aventura.
Nesta vaixe irá acompañados de dous profesores e este é o programa completo.
A TERRA CHÁ, DA MAN DE MANUEL MARÍA

Os grupos de 2º de ESO viviron os días 3 e 4 de marzo unha xornada pola Terra Chá dentro do programa Un día en Galicia do Servizo Municipal de Educación do Concello de Oleiros.
A actividade incluía a visita á Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei, unha pequena ruta pola Reserva da Biosfera Terras do Miño, un itinerario ornitolóxico pola lagoa de Cospeito e un achegamento ao Miradoiro de Penas de Rodas. Este programa inicial tivo que adaptarse ás adversas condicións metereolóxica, algo de chuvia no primeiro día e continua o segundo, e por iso o día 3 non se fixo o itinerario ornitolóxico e o día 4 non foi posible acometer a ruta pola Reserva da Biosfera que foi substituida por unha visita a oleiría de Bonxe.
As xornadas realizáronse a iniciativa dos Departamentos de Bioloxía e Galego co obxectivo de aproximar ao alumnado a un espazo de gran valor ambiental, paisaxístico, artístico e etnográfico á vez que se achegaba á figura de Manuel María, poeta que protagoniza a celebración das Letras Galegas deste ano.
O alumnado participante na actividade nos dous días estivo fortemente implicado nas distintos contidos, seguindo con sumo interés todas as explicacións que se lles daba e realizando os traballos de observación prantexados polo que, ao remate da actividade, foron felicitados polo profesorado acompañante que tamén agradeceu a colaboración do persoal da Casa Museo de Manuel María e a dos dous técnicos en educación ambiental do colectivo CEM que presta servizo para a Concellería de Ensino e Xuventude de Oleiros.
Ruta dos pazos en bici
Organizado polo departamento de Normalización Lingüística e coa participación de pais, alumnos e profesorado, o día 13 de xuño, realizouse a “Ruta dos pazos en bici” . Visitamos os pazos de Lóngora, Franzomel, Xaz, Miraflores e Montrove (Pazo Do Río).
Os participantes disfrutaron do percorrido e do bon tempo sen máis incidentes que algún pinchazo e co desexo de repetilo en próximos cursos.
Viaxe Europea 2015 a Ámsterdam

Un grupo de máis de 50 alumnas e alumnos do IESP Neira Vilas participou na Viaxe Europea 2015 a Ámsterdam, a capital de Holanda, desde o 30 de abril ata o 4 de maio.
Aloxados á beira de Vondelpark, visitamos a pé os lugares máis emblemáticos da cidade e vivimos experiencias que non habemos de esquecer.
Consulta máis fotos da viaxe aquí.

