O día 23 de febreiro o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato asistiu ao concerto de De Vacas que tivo lugar no auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A asistencia ao concerto, organizado polo Servizo de Normalización do Concello de Oleiros, promoveuse desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Galego do instituto.
Arquivo da categoría: Actividades
Paisaxes
Presentación:
Subvención do Concello de Oleiros
O Concello de Oleiros resolveu conceder na Xunta de Goberno do día 28 de decembro unha subvención ó IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas por importe de 4354 (catro mil trescentos cincuenta e catro) euros. O obxectivo desta subvención é colaborar na realización de diversas actividades didácticas e culturais (viaxes a entidades, museos, exposicións, concertos, representacións teatrais, Viaxe a Milán, Florencia, Turín), intercambio cultural co Collége Notre Dame le Ménimur, para 281 alumnos/as e viaxe de alumnos/as de Bachibac.
Actividade de final de trimestre
A performance de final do primeiro trimestre adicouse á paisaxe como obxecto de traballo e estudo. Esta actividade forma parte do proxecto interdisciplinar que durante este curso coordina a Biblioteca.
Como ven sendo habitual a colaboración de profesorado e alumnado deu lugar a un espectáculo audiovisual, teatral, declamatorio e discursivo no que participaron máis de 20 profesores e 50 alumnos.
 Seguir lendo Actividade de final de trimestre 
Vista á EDAR de Bens
Os días 21 e 28 de Novembro alumnos de 32 de ESO e 1ª de bacharelato fixeron unha visita, organizada polos departamentos de Física e Química e de Tecnoloxía, á planta de tratamento da augas residuais EDAR de Bens.
Despois dunha explicación do proceso de recollida e tratamento das augas fixeron unha percorrido polas instalacións. Seguir lendo Vista á EDAR de Bens 
Semana Neira Vilas
Do 27 de novembro ao 1 de decembro este ano celebraremos a Semana Neira Vilas a través de varias actividades. Por unha banda, o Departamento de Dinamización da Lingua Galega e o Departamento de Plástica convoca o concurso “As paisaxes de Anisia”. A partir da lectura de textos sobre a vida e obra de Anisia Miranda, o alumnado realizará unha obra plástica que recolla as súas imprensións. Por outra banda, o venres 1 de decembro haberá unha homenaxe na que participará todo o centro. Contarase coa presenza de Luis Reimóndez, presidente da Fundación Neira Vilas, e Pepe Carballude. Ambos terán un encontro co alumnado de 3º e 4º da ESO para lembrar a figura do escritor e de Anisia Miranda.
Ciencia Na Rúa 2017

O día 6 de maio, organizado polos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Tecnoloxía, o noso centro participou na XXII edición de Ciencia Na Rúa.
Ao longo do día 46 alumnas e alumnos presentaron, con gran entusiasmo e interese, ao público experiencias sobre magnetismo e química.
Agradecemos especialmente a colaboración de Jesús Mosqueira Rey, profesor do departamento de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, polo asesoramento e achega do material para a experiencia de levitación magnética.
A actividade foi organizada polos profesores:
- María José Fandiño Río
 - Laura Fernández Villarino
 - Blanca Rodríguez Latorre
 - Xosé Rodríguez Rodríguez
 - Ramón Romero Pardo, (profesor emérito)
 - Antonio Varela Caamaño, (profesor emérito)
 
Actividades sobre magnetismo:
- Imáns polos e forzas magnéticas.
 - Materias ferromagnéticos e non ferromagnéticos.
 - O compás: determinación dos polos dun imán.
 - Construción de imáns.
 - Experiencia de Oersted.
 - Forza de Lorentz.
 - Construción de electroimáns.
 - Experiencias de indución.
 - Motor homopolar.
 - Tren de bobina.
 - Levitación magnética con supercondutor.
 
Actividades de química:
- Reaccións redox con permanganato: transformacións de viño en auga.
 - Ácidos e bases: A col lombarda como indicador de pH.
 - Diferencias de densidade: Lámpada de lava e as lentellas máxicas.
 
Iniciación á escalada
Actividade de Hip-hop
Galegos nos campos de exterminio
En días pasado no noso centro educativo realizouse o visionado do documental “Mathaussen, regreso ó campo da morte” sobre galegos no campo de exterminio cun debate posterior co seu realizador Manuel Torrente. Na actividade participou o alumnado de de cuarto curso e 1º de Bacharelato dentro das actividades do Departamento de Xeografía e Historia.
		
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


