O sábado 4 de maio celebrouse no parque de Santa Margarida a XXIV edición do “Día da Ciencia na Rúa”, actividade organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
Un ano máis, o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas estivo presente nunha das carpas da citada celebración, coa participación dun numeroso grupo de estudantes, coordinados polas profesoras María Blanco e María José Fandiño. Seguir lendo CIENCIA NA RÚA 2019→
Os participantes na Viaxe Europea chegaron a Atenas a primeira hora da mañá do día 28 de abril. Forman parte desta expedición, de enriquecemento cultural, 55 estudantes de diferentes cursos (de tódolos niveis de ESO e 1° de bacharelato) e cinco docentes: Jorge Calle López, Xosé Antón García González, Pilar Morandeira Roel , Francisco Rodríguez e Carlos Vidal López. Seguir lendo VIAXE EUROPEA 2019→
O pasado sábado 27 de abril os alumnos Orleni Mateo e Eduardo Xavier Giménez, xunto coa exalumna Amy Díaz, participaron nas XIII Xornadas do ICF, que tiveron lugar no Salón de Actos da Fundación Paideia Galiza (Praza de María Pita). Seguir lendo XORNADAS DO ICF: MEDIACIÓN ESCOLAR→
O 24 de abril celebrouse no auditorio da Fábrica de Santa Cristina o primeiro Neiranaukas, cunha ampla participación de profesorado, de alumnado 2°, 3°, e 4° de ESO, de 1º de bacharelato e a excepcional colaboración externa de Deborah García Bello, Xurxo Mariño. Para finalizar contamos coa excelente actuación musical do grupo Theta Vawes, do que forman parte unha alumna de 1º de bacharelato e varios exalumnos do centro. Seguir lendo NEIRANAUKAS→
A comunidade educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas desexa unhas felices vacacións a tódolos seus membros. O 23 de abril regreso ás aulas con enerxías renovadas
Alumnas do último ano do grao de Terapia Ocupacional estiveron no instituto para explicar estes estudos, entre elas unha exalumna do noso centro, Gema Tacón. Tedes toda a información neste enlace:
Pedro Armas, representante da CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia), estivo un ano máis no noso centro e explicoulles as probas ABAU ao noso alumnado de bacharelato. Tedes toda a información neste enlace:
Parte do noso alumnado segue nestes momentos en Bretaña, no XI intercambio co Collège Notre Dame le Ménimur de Vannes. Podedes ver máis fotos en Instagram, neste enlace.
Organizado polo Departamento de Lingua Galega, o alumnado de 1º e 2º ESO acudiu as Torres (Oleiros) o pasado día 27 de marzo a unha actividade coa poeta Yolanda Castaño.
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)