Arquivo da categoría: Curso Actual

EDUREFERENTES

Sonia Pazos e Asunción Fieira  (da Asociación de Executivas de Galicia) foron as dúas mulleres referentes que impartiron unha charla ao alumnado de 2º de Bacharelato dentro do programa educativo “Edureferentes” ofertado pola Consellería de Educación.
A igualdade de oportunidades entre homes e mulleres,  é tamén un dos cometidos da orientación vocacional. Achegar referentes femininos que exercen a súa actividade profesional en distintos ámbitos, axuda a construir unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de estereotipo de xéneros.

“UN DÍA EN GALICIA” CON 1º ESO

Os pasados días 16, 17 e 18 de marzo os grupos de 1º ESO participaron na actividade “Un día en Galicia”, organizada polo Concello de Oleiros e impulsada polo Departamento de Xeografía e Historia.
A actividade incluíu a visita ao Castro de Viladonga e ao seu centro de interpretación, onde participaron nun interesante obradoiro de confección de tecidos seguindo a tecnoloxía castrexa. Pola tarde, a xornada continuou coa visita á zona vella de Lugo, onde descubriron numerosos aspectos sobre a orixe romana e a magnífica muralla desta cidade.

O pase de diapositivas require JavaScript.

PROBA EXTERNA DO PROGRAMA BACHIBAC

A  Consellería de Cultura,  Educación e Universidade publicou o pasado martes 22 de marzo a convocatoria da proba externa do programa BACHIBAC para o curso 2021-2022. Dita proba terá lugar os días 9 e 10 de maio, pero o prazo de inscripción do alumnado remata o día 30 de marzo. Todos os trámites fanse na secretaría do instituto.  Pódese consultar a convocatoria no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/36563

VISITA ÁS FACULTADES DA USC

Este curso, a Universidade de Santiago de Compostela retomou os encontros na USC presenciais, despois de dous anos sen poder celebralos a causa da pandemia.
O pasado día 4 de Marzo o alumnado de 2º de bacharelato participou neste programa. Cada  alumna/o escolleu previamente un percorrido de preferencia que abranguía dúas facultades ou centros universitarios.

ENTROIDO NO NEIRA

O pase de diapositivas require JavaScript.

O pasado 25 de Febreiro o IES Neira Vilas puxo o punto e final a unha semana de celebracións do entroido cun festival de disfraces que amosou, un ano máis, a creatividade e ilusión dos participantes.  Alumnado e profesorado disfrutaron de diversas actividades (desafío filloeiro, lectura dos testamentos…), xogos e bailes para rematar as xornadas.