Durante os días 10 e 19 de outubro 13 familias de alumnos e alumnas de 2º BACHIBAC acolleron nas súas casas aos correspondentes franceses de intercambio. A estadía dos visitantes non só se limitou a asistir ás aulas do IES Neira Vilas, senón que tamén houbo ocasión de que anfitrións e hóspedes compartisen agradables momentos de inmersión lingüística fóra do centro.
Arquivo da categoría: Curso Actual
PROBAS DE ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN LINGUAS ESTRANXEIRAS
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de publicar a Resolución do 29 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas deacreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/2024.
No noso centro, as probas, que se corresponderán co nivel B1, B2 ou C1 e que se realizarán durante o curso académico 2023/2024, están dirixidas ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e de 4º de ESO, tendo preferencia aquel que curse ensinanzas plurilingües. Cada alumno ou alumna poderá matricularse nunha única proba dunha lingua estranxeira.
A citada resolución prevé a concesión dunha axuda económica por alumno/a para facer fronte aos custos de matrícula das probas de acreditación. A solicitude realízase desde o centro, pero é imprescindible que o alumnado interesado entregue un compromiso de presentación á proba correspondente, asinado polo seu pai, nai ou titor.
O documento co compromiso foi distribuído polo profesorado dos Departamentos de Inglés e Francés ao alumnado nas aulas e debe ser entregado a dito profesorado ou na secretaría do centro ata o venres, 27 de outubro.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS EN SETEMBRO
Ao longo do mes de setembro o alumnado de 3º e 4º de ESO participou nas seguintes actividades subvencionadas polo Concello de Oleiros e organizadas polo Departamento de Educación Física:
- Iniciación ao caiac e ao remo, na que participou 3º ESO, e
- Surf, na que participou o alumnado de 4º ESO.
ESTREA DE CINE
O vindeiro venres día 6 de outubro ás 20:00 horas na Fábrica de Perillo terá lugar a estrea da curtametraxe “A lenda da monxa” dirixida e producida por un grupo de alumnado e profesorado dentro do contrato-programa INNOVA. A entrada será de balde e está invitada toda a comunidade educativa
REUNIÓNS DAS FAMILIAS CO PROFESORADO TITOR

Concurso “A banda sonora do Neira Vilas”
O concurso ten como obxectivo seleccionar a música dos recreos.
Para participar haberá que:
1º Crear un arquivo de audio mp3 duns 16 minutos de duración coas cancións elixidas.
2º Enviar ese arquivo por correo electrónico a: vicedirerección@iesneiravilas.es
As propostas seleccionadas soarán ao longo dun mes. O alumnado creador de ditas propostas entrará nun sorteo dun pequeno agasallo que se realizará ao inicio do mes seguinte.
Vicedirección resérvase o dereito de excluír aquelas propostas que considere inapropiadas para este concurso.
Actividades extraescolares 2023-2024
Durante o curso 2023-2024 o ANPA Arce do IES Xosé Neira Vilas oferta varias actividades os xoves pola tarde. Estas actividades darán comezo previsiblemente o 5 de outubro.
A primeira clase poderá ser de proba e se despois de acudir, o menor e a familia deciden non continuar, non se cobrará a primeira cota.
DEFENSA PERSOAL
Nesta actividade aprenderanse técnicas de defensa e autoprotección destinadas a preservar a integridade física e aumentar a seguridade nun/nunha mesmo/a a través do respecto aos demais e a disciplina.
Horario: xoves de 16.45 a 17.45
Custo: 18€ (custo para un mínimo de 20 participantes) socios/as
Reparto dos manuais do banco de libros

Devolución de libros do curso pasado: Rogamos a aquelas familias que aínda non devolveron os manuais fágao o máis axiña posible, desta forma poderemos satisfacer máis peticións nos casos de alumnos que nesta primeira repartición quedaron sen eles.
Doazón: aproveitamos para lembrarvos a importancia das doazóns de libros, sen elas non se poderá seguir levando a cabo este proxecto que tanto axuda ás familias. O número de manuais doados descendeu e con iso as solicitudes que desde o ANPA podemos resolver favorablemente. Por iso animámosvos a doar, aínda estades a tempo!
Un saudo e feliz comezo de curso
ORGANIZACIÓN DO COMEZO DO CURSO
COMEZO DO CURSO 2023-2024
ALUMNADO:
As clases comezarán o luns 11 de setembro en horario de 8:30 a 14:10 h.
Tamén haberá clase o luns pola tarde.
O alumnado con dereito a servizo de transporte poderá empregalo desde ese mesmo día.