Estréase esta fin de semana a curtametraxe “El nuevo método” onde un profesor de teatro move os fíos das inquedanzas do seu alumnado buscando a sublimación na arte da interpretación. Nesta narración coral mestúranse escenarios novos e coñecidos con acontecementos que lembran o frío e húmido inverno que está a acontecer.
Un grupo de alumnos e alumnas de 2º de bacharelato do Neira Vilas, cun liderado compartido, deu continuidade a unha formación realizada tempo atrás no instituto. Abertos agora a novas inquedanzas onde se mesturan coñecementos, cultura e gañas de facer algo diferente que complete a mochila coa que saen do instituto cara a longa viaxe do resto das súas vidas.
Realizarase a estrea desta curtametraxe na plataforma de vídeos de YouTube o domingo 6 de decembro de 2020.
Deixamos ao voso dispor un enlace ao tráiler e a unha entrevista realizada a parte do equipo de rodaxe e emitida por Radio Oleiros na sección “Outra mirada” o pasado martes. Non perdades a ocasión de transmitir a nova desta estrea as vosas amizades e polas redes sociais. Canto falta para a estrea? Pincha na conta atrás.
Este ano é especial. Ano COVID, mais ano tamén de lembranza do quinto aniversario do pasamento de Xosé Neira Vilas, o autor galego que dá nome ao noso instituto. Non poderemos facer actos multitudinarios, mais alumnado e profesorado deixa aquí gromos da súa participación.
O DOG do 13 de novembro vén de publicar a Orde que regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en centros docentes públicos dependentes da consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.
IMPORTANTE: o prazo para realizar a solucitude remata o venres 27 de novembro (dez días hábiles desde o seguinte á publicación no DOG).
Un curso mais, a Biblioteca Escolar pon en marcha o programa da Hora de Ler. Trátase dunha iniciativa na que durante 20 minutos diarios, se facilita ao alumnado un tempo para fomentalo gusto pola lectura, estimular o hábito lector mentras ampliamos os nosos coñecementos nas mais diversas áreas.
Lembra traer o teu libro!!! Podedes ver o calendario neste enlace:
Comezamos a andaina deste curso desenvolvendo un PROGRAMA DE ACOLLIDA” (“Instrucións do 30 de xullo 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa”) que desenvolveremos coa incorporación gradual dos distintos niveis e no que desenvolveremos actividades globalizadas agrupadas nas seguintes temáticas:
a) Novas normas de organizacion e funcionamento do centro.
b) Actuacions de prevencion, hixiene e proteción.
c) Acións formativas para a mellora da competencia dixital do alumnado necesaria para o seu desenvolvemento na modalidade de ensino presencial ou, de ser o caso, non presencial.
Informamos ao alumnado de 1º e 2º ESO con dereito a transporte, e que empeza o mércores no instituto, que o autobús sairá de Os Limoeiros (Montrove) ás 8:00 horas, coas paradas habituais.
Ó sábado 18 de xullo, no auditorio de Mera, tivo lugar a cerimonia de graduación do noso alumnado de 2º de bacharelato. O instituto leva xa celebrados uns cantos actos deste tipo pero, sen ningunha dúbida, este foi moi especial. Agradecer o esforzo do alumnado, sen as gañas e o traballo que puxeron sería imposible realizar esta despedida.