Un decreto da Alcaldía do 26 de xuño de 2023, vén de conceder ao noso instituto 9190 € en concepto de subvención para a realización de actividades educativas complementarias e adquisición de material didáctico de carácter funxible.
Arquivo da categoría: Curso
QUENDAS DE MATRÍCULA CURSO 2023-24
PERIODO DE MATRÍCULA: DO DÍA 27 DE XUÑO AO 7 DE XULLO
HORARIO: DE 9:00 H A 13:00 H
O EQUIPO DIRECTIVO PROPÓN AS SEGUINTES QUENDAS PARA OS DISTINTOS NIVEIS, EN ARAS DE EVITAR LONGAS ESPERAS:
Quendas de matrícula 2023-2024
Aquelas familias que teñan máis dun/ha fillo/a no centro, poderán formalizar a matrícula o mesmo día para todos/as.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA
Unha copia dos impresos de matrícula entregarase coas notas ao alumnado o día 26 de xuño.
IMPRESO MATRÍCULA 1º, 2º e 3º ESO
“O faiado de Balbino” despídese por este curso
CALENDARIO DOS EXAMES EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO (1º E 2º)
Reunión informativa sobre o programa Bachibac
O pasado xoves, 25 de maio, tivo lugar unha reunión informativa sobre Bachibac destinada ás familias do alumnado de 4º ESO que está interesado en incorporarse a este programa para o vindeiro curso 2023-2024.
A sesión foi organizada e impartida por Blanca Riestra e Mercedes López-Mayán, que agradecen o interese dos/as asistentes cara a este sinal de identidade do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas.
NORABOA Á NOVA PROMOCIÓN BACHIBAC 2021-2023
Un ano máis o Instituto Neira Vilas celebra con orgullo a graduación dunha nova e brillante promoción de Bachibac, que obtivo un éxito do 100% na proba externa conducente á obtención da dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat. Noraboa a todo o alumnado polo seu esforzo e talento, e moita sorte nas andainas que agora emprenden!
OBRADOIROS TALENTO MOZO
O IES Neira VIlas foi un dos centros educativos seleccionados por parte da Conselleria de Educación para participar no programa educativo “TALENTOS MIOZOS”. Un dos obxectivos do programa é visibilizar a creatividade e a innovación impulsada por xente moza con experiencia en diferentes ámbitos profesionais como a empresa, o deporte, a cultura e a creación, a ciencia ou o voluntariado.
Uxía Varela e Jacobo Lazcano foros os mozos que deron a coñecer as súas traxectorias académicas e profesionais para estimular e incentivar a análise e reflexión do noso alumnado. A charla-coloquio tivo lugar, o 5 de maio e asistiu o alumnado de 3º ESO.
Graduación 2º Bacharelato
CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO
Este curso celebrouse o Día Internacional do Libro por todo o alto! Ao longo de toda a semana puidéronse coñecer as numerosas recomendacións literarias feitas polo alumnado, profesorado e PAS do centro expostas nun mural confeccionado polo equipo de biblioteca no andar baixo.
E o domingo, 23 de abril, pola mañá, tres representantes do noso club de lectura “O faiado de Balbino”, Inés Rucci, Óscar López e Sergio Domínguez, leron diversos fragmentos dalgúns dos seus libros favoritos na actividade organizada pola Librería Berbiriana da Coruña. As obras escollidas foron, respectivamente, “La historia interminable” de Michael Ende, “Non penses nun elefante rosa” de Antía Yáñez e “El bestario de Axlin”, primeiro tomo da triloxía “Guardianes de la ciudadela” de Laura Gallego. Moitas grazas a todxs pola participación!
A BIBLIOTECA RENOVA O SEU ESPAZO WEB
A información sobre a biblioteca dispoñible na páxina web do instituto vén de ser renovada e actualizada polo seu equipo. Desde esta semana poden consultarse nela as normas de uso da biblioteca e información detallada sobre a súa historia, os servizos que presta,os fondos que posúe, o enlace ao catálogo en liña e as numerosas actividades que desenvolve.