O noso centro súmase ao movemento Fridays for Future. Queremos amosar a preocupación de toda a comunidade educativa en relación ao devastador efecto, que tanto da contaminación como das emisións masivas de dióxido de carbono á atmosfera, teñen sobre o noso planeta. Seguir lendo Fridays for Future
Arquivo da categoría: Curso
VISITA Á DOMUS
CELEBRACIÓN DO ENTROIDO
O venres 1 de marzo, tivo lugar no instituto a festa do Entroido. Houbo premios para os mellores disfraces e tamén para os gañadores da degustación de produtos típicos destas datas.
SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA
O alumnado de 2º de bacharelato de Historia da Arte estivo o día 7 de marzo de visita en Santiago. O percorrido de día completo permite visitar edificios de diversos estilos artísticos e preparar a proba de ABAU. Este ano a novidade foi poder visitar o Pórtico da Gloria despois de anos pechado por unha restauración que lle devolveu a súa imaxe máis orixinal.
8 de marzo: Día Internacional da Muller
O alumnado de 3º de ESO realizou, en colaboración co Departamento de Plástica, un mural conmemorativo do día 8 de marzo, o Día Internacional da Muller.
Esta é a data escollida pola ONU para visibilizar mundialmante as diferenzas entre ambos sexos que existen na sociedade. Para coñecer a orixe desta data, declarada pola ONU como o Día Internacional da Muller en 1975, debemos remontarnos ao 25 de marzo de 1911, ano no que un incendio nunha fábrica terminou coa vida de 123 mulleres e 23 homes que traballaban en míseras condicións. Seguir lendo 8 de marzo: Día Internacional da Muller
CELEBRACIÓN DO ENTROIDO
ENTROIDO 2019
Durante a semana do 25 de febreiro ao 1 de marzo celébrase no instituto o Entroido 2019; con diversas actividades e concursos nos que se implica a toda a comunidade educativa.
Pódense consultas as BASES DOS DIFERENTES CONCURSOS
VISITAS DO ALUMNADO DE 2º ESO
O pasado día 26 de febreiro houbo unha saída pola cidade da Coruña do alumnado de 2º ESO. A actividade consistiu nunha visita guiada ao Arquivo do Reino de Galicia, a Fundación Luis Seoane e ao Museo de Belas Artes. A organización correu a cargo da profesora Mar Cuba e do profesor Alberto Pombo e contou coa colaboración de María Dans, Jorge Calle e Agustín Fernández Gago.
Podedes ver máis fotos a continuación Seguir lendo VISITAS DO ALUMNADO DE 2º ESO
PREMIO DO “CLUB DE LEONES”
O pasado xoves 21 de febreiro o “Club de Leones” de Oleiros entregou un premio á alumna Sophia Vivas López de 1º da ESO C. Resultou gañadora no concurso plantexado por esta organización e que tiña como lema “Cartel de la Paz”. As representantes do clube que se desplazaron ata o centro explicáronlles brevemente a Sophia e aos seus compañeiros e compañeiras cales son as funcións desta organización que presta axuda preto e lonxe da nosa comunidade. Noraboa Sophía!
VISITA Á UDC
O alumnado de 2º de bacharelato visitou o pasao xoves día 21 de febreiro á Universidade da Coruña. No percorrrido guiado por diversas facultades estiveron acompañados polos titores dos dous grupos (Ana Crego e Jorge Carlos Calle) e pola orientadora do centro Lourdes Otero. Podedes ler máis neste enlace:
https://orientateenperillo.blogspot.com/2019/02/visita-universidade-de-coruna.html?spref=tw