O pasado venres 22 de febreiro oito estudantes do instituto participaron nas Olimpíadas de Xeografía e de Física. Unha experiencia na que tiveron a posibilidade de facer unha proba na Universidade, de enfrontarse a retos académicos máis complicados do habitual e de coñecer a estudantes e profesores doutros centros. Noraboa aos oito participantes!!!
Arquivo da categoría: Departamento de Física e Química
VISITA AO MUNCYT E OBRADOIRO DE QUÍMICA
O alumnado de 2º de ESO participou o pasado venres 8 de febreiro nunha visita e nun obradoiro de química no MUNCYT. Todos eles realizaron unha actividade experimental na que clasificaron varias substancias pola súa acidez, utilizando un indicador natural que fabricaron in situ con col lombarda. Seguir lendo VISITA AO MUNCYT E OBRADOIRO DE QUÍMICA
VISITA A SOTAVENTO, ENCORO DO EUME E LAGO DAS PONTES
O alumnado de 3º de ESO visitou o pasado luns 4 de febreiro as instalacións do parque enerxético experimental de Sotavento, o encoro do Eume e o Lago de As Pontes.
Seguir lendo VISITA A SOTAVENTO, ENCORO DO EUME E LAGO DAS PONTES
Concurso de fotografía: A Lúa
Convócase a segunda edición do Concurso de fotografía do IES Pluringüe Xosé Neira Vilas que, nesta convocatoria, ten coma eixo central “A Lúa”. O prazo de presentación de imaxes estará aberto ata o vindeiro 19 de decembro.
Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta actividade englobada no Proxecto da Biblioteca.
INTERCAMBIO CO SCHULE EINS DE BERLÍN
O pasado martes 2 de outubro rematou o intercambio de 4º de ESO co Schule Eins de Pankow (Berlín). Durante estas dúas semanas o noso alumnado realizou diversas actividades educativas, culturais, deportivas e de ocio; tanto en Alemaña coma na nosa contorna. Dende a dirección do instituto agradécese a excelente acollida das familias e a boa actitude dos estudantes durante todo o intercambio.
Día da Ciencia na rúa
O sábado 5 de maio celebrouse no parque de Santa Margarita a XXIII edición do “Día da Ciencia na rúa”, actividade organizada pola “Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias”.
Como ven sendo tradición nos últimos anos, o noso centro non faltou a esta importante cita ca ciencia cidadá. Neste edición participaron ó longo do día preto de cincuenta rapaces e rapazas realizando diferentes actividades científicas e explicándollas á xente que se acercaba.
Entre as actividades expostas polo noso alumnado podíamos atopar: O ladrón de xulios, anatomía con realidade aumentada, placas termoeléctricas, a fabricación de xabón, o funcionamento dos órganos do corpo, correntes de Foucault, pilas de froitas, flores de cores, libros inseparables, trucos de cartas, motor homopolar, a cicloide, a paisaxe celular, tren magnético e fluídos non Newtonianos entre outras. Seguir lendo Día da Ciencia na rúa
Seleccionados no Rally Matemático 2018
A sección de matemáticas do Contrato-Programa para acadar a excelencia en competencia STEM, formada por dous equipos de 3º de ESO e un de 4º de ESO, participou o pasado 13 de marzo na XXVI edición do Rally Matemático sen Fronteiras. Seguir lendo Seleccionados no Rally Matemático 2018
Concurso de fotografía científica
O 21 de decembro elexíronse as gañadoras do “Concurso de Fotografía Científico-Matemático” organizado por vicedireción, departamento de Física e Química e departamento de Educación Plástica. Dito concurso englóbase dentro do proxecto interdisciplinar de centro coordinado pola Biblioteca e cuxo título é “A Paisaxe”. Dende aquí a nosa noraboa ás alumnas: Irene Rodríguez (1ª clasificada), Orleni Mateo (2ª clasificada) y Clara María Bode (3º clasificada). Seguir lendo Concurso de fotografía científica
Vista á EDAR de Bens
Os días 21 e 28 de Novembro alumnos de 32 de ESO e 1ª de bacharelato fixeron unha visita, organizada polos departamentos de Física e Química e de Tecnoloxía, á planta de tratamento da augas residuais EDAR de Bens.
Despois dunha explicación do proceso de recollida e tratamento das augas fixeron unha percorrido polas instalacións. Seguir lendo Vista á EDAR de Bens
Profesora Asistente de inglés
Durante o curso 2017-18 o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas ten a sorte de poder contar con Natalie Honan, “English Teaching Assistantship” do prestixioso programa Fulbright. Dito programa está patrocinado pola Oficina de Asuntos Educativos e Culturais do Departamento de Estado dos Estados Unidos xunto co sector privado, tendo como obxectivo o financiamento de proxectos de investigación, formación e/ou ensino en diferentes países.
Seguir lendo Profesora Asistente de inglés


