O mércores 17 de abril a escritora Marga do Val impartiu unha charla sobre Luísa Villalta ao alumnado de 2º Bacharelato. A actividade, organizada polo Departamento de Lingua Galega e literatura e o Equipo de Dinamización Lingüística do centro, permitiu coñecer mellor á autora á que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. Moitas grazas a Marga do Val por este interesante achegamento a Luísa Villalta.
Arquivo da categoría: Departamento de Lingua Galega
FESTIVAL BOCA CHEA
DE LUÍSA VILLALTA A ANTÍA OTERO
Da man da poeta Antía Otero chegou, no Día da Poesía (21 de marzo), a autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024, Luísa Villalta, ás aulas de primeiro de Bacharelato en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, de Apiario e dos departamentos de Dinamización Lingüística e de Lingua Galega e Literatura do noso centro.
Na primeira parte da sesión, A. Otero achegounos non só á poesía de Luísa Villalta senón, tamén, ao sentir poético e animounos, na segunda parte, a construír o noso propio texto. Escoitamos música, lemos poemas, achegámonos un chisquiño máis ao pensamento literario de Luísa Villalta e, incluso, percorremos coas poetas o camiño da creación. E, sobre todo, celebramos por todo o alto o Día da Poesía!
FALANDO CON ZENZAR: MÚSICA E LINGUA
O martes 19 de marzo o alumnado de 3º e 4º da ESO gozou dunha mañá moi especial, na Fábrica de Perillo, en que a música, a lingua, a ilustración e as ganas de pasalo ben fixeron que quedasemos con ganas de máis! Grazas ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros e en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística e co Departamento de Lingua Galega e Literatura do noso instituto, puidemos coñecer o proxecto Músicas Ilustradas de Laura Romero, reflexionamos sobre o papel das mulleres na música galega e, tamén, sobre a importancia da nosa lingua como elemento dinamizador e imprescindible nunha cultura.
Nestoutro proxecto en que participamos, #aquitamensefala, hai algunhas cancións de Zenzar. Animámosvos a escoitalas porque seguro que vos gustan tanto como a nós!
Intercambio con Burela
Realizouse a primeira parte do Intercambio con Burela que puxo en marcha o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en estreita colaboración co Departamento de Lingua Galega e gran apoio da Concellería de Cultura do Concello de Oleiros. Nesta actividade participou o alumnado dos tres 2º ESO do noso centro e máis outros sesenta alumnos dese mesmo curso do IES Perdouro de Burela.
Obradoiro Ars Scribendi
RECREOS CON ROSALÍA
Ao longo desta semana os recreos énchense de xogos rosalianos feitos polo alumnado de 2º de ESO.
Anímate a participar!
CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA
O alumnado de 2º ESO achégase á vida e á obra de Rosalía de Castro nunha sesión de cinema moi especial.
Encontro con Érica Esmorís
LECTURAS DE NEIRA VILAS
O alumnado de 3º da ESO PDC le uns versos da obra “PAN” de Xosé Neira Vilas.