Arquivo da categoría: Departamentos

Torneo de tenis de mesa

Durante o segundo trimestre desenvolveuse no noso centro un torneo de tenis de mesa organizado polo Departamento de Educación Física. Os gañadores foron Sergio Domínguez na categoría de 1º a 3º ESO e Pablo López na de 4º ESO a 2º de Bacharelato. Noraboa aos gañadores e a todos e todas por participar! e grazas a David e Andrés pola organización.

 

Visita ao Museo de Belas Artes

O venres 18 de decembro o alumnado de 1º de bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais visitou a exposición “Vestir Épocas 1860-1960″ , nunha actividade organizada polo Departamento de Xeografía e Historia. Un agradecemento especial a Fernando Agrasar, comisario da exposición, que presentou os contidos da mostra ao alumnado e acompañounos na visita.

Poxa benéfica

Coa colaboración do alumnado de 1º ESO e da comunidade educativa, neste mes de xuño de 2020 levouse a cabo unha poxa benéfica na que se venderon 9 collages do devandito alumnado (realizados no período de estricto confinamento, cos materiais que había a man na casa de cada quen).

A actividade, levada a cabo pola profesora de Tecnoloxía e Ed. Plástica Victoria Fernández Rancaño, obtivo unha recadación de 205 € que se entregarán a Cáritas.

Grazas a todo o mundo pola participación nesta actividade. Vaia para o alumnado creador e doante O NOSO RECOÑECEMENTO:

Alba Alonso Adrián Barro Isaac Encinas
Antía González Celeste López Noa Martínez
José Rodríguez Anxo Somoza Blanca Turienzo

Matemáticas #NaCasa_NV

O alumnado de 2º ESO da profesora de matemáticas Mª Ángeles Varela realizou, neste confinamento, toda unha serie de traballos que compartimos. Neles comprobamos como estamos habituados a ver nos libros de texto figuras de homes matemáticos -con teoremas que levan o seu nome- e porén nunca vemos ningunha muller matemática nos nosos textos, e non é porque elas non teñan realizado grandes descubrimentos na vida matemática. E tamén comprobamos como estamos rodeados de números na nosa vida diaria, así como de formas xeométricas que o alumnado fotografiou.

  • Números na vida cotiá.
  • Xeometría na vida cotiá.
  • Mulleres matemáticas.
  • Tangrams.
    Un tangram está composto por sete figuras xeométricas; dous triángulos grandes, dos que a área é un cuarto da área total, dos máis pequenos de área un dezaseisavo da área total, un mediano que corresponde a un oitavo da área total, un cadrado que é un oitavo da área total e un paralelogramo que representa tamén un oitavo da área total.

#NaCasa_NV ¿Medo? ¡Oh na na na!

Reflexións para despois da pandemia #NaCasa_NV

O período de pandemia e confinamento servíu para reflexionar sobre as consecuencias da COVID-19, e así o fixeron as alumnas e alumnos de 1º Bacharelato.

Velaquí algunhas infografías sobre o mundo post-covid19.

Xornadas de acollida virtuais

Este coronabicho que nos ten confinados, sen poder ir ó Instituto para poder recibir ó alumnado de 6º do CEIP Valle-Inclán, fai agudizar o inxenio.
Olla esta presentación interactiva. Se tes mente investigadora, condición fundamental para ser un máis no Instituto, non che será complicado resolver uns retos que terás que ir resolvendo.
Os investigadores son curiosos por natureza. Antes, rastrean todas as pistas para dar solución ós desafíos.
Se sigues as INSTRUCCIÓNS ó pé da letra, descifrarás o código secreto que abre a porta do Instituto, donde atoparás algo INCRIBLE.

Día do medio ambiente 2020

Con ocasión do Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), damos publicidade a unha serie de videos que teñen por obxecto entrevistar a profesorado e adultos en torno ao tema do cambio climático.

A realización destas entrevistas, por parte de alumnado de 4º ESO, foi supervisada no primeiro trimestre deste curso académico pola profesora de Lingua Castelá María Dans.