CRITERIOS DE CONCESIÓN DE AXUDAS ECONÓMICAS DENDE A ANPA

Debido ás múltiples consultas sobre este tema, puntualizamos as seguintes cuestións, todas elas xa comentadas en cada asamblea ordinaria de inicio de curso.

En primeiro lugar, debemos ter en conta que a ANPA non está obrigada á concesión de axudas económicas e que sempre o fará na medida do posible despois de revisar as contas anuais previstas para o curso.
En caso de poder ofertar axudas aos socios e socias, a cantidade dependerá do saneamento das contas do curso en vigor.

Cada socio ou socia terá dereito a unha soa axuda económica por curso, sempre que non sexan actividades organizadas propiamente pola ANPA, entendendo que se lle concederá a de maior importe á que teña dereito.

Para poder recibir a axuda, o solicitante debe haber sido socio ou socia da Anpa a lo menos 2 cursos completos e consecutivos a día 31 de decembro do curso en vigor, a excepción dos alumnos e alumnas de 1º ESO que só terán que formalizar o alta como socios ou socias antes do 31 de decembro.

Os alumnos e alumnas de Bacharelato tamén están excluídos da axuda ó Intercambio a Francia por recibir dita axuda dende o propio instituto. Non están exentos do resto das axudas que lles poidan corresponder dende a Anpa.

Para o curso 2018/2019, a previsión de concesión abarca as seguintes actividades, ordenadas por prioridade, atendendo aos criterios de pertencer ó plan de estudios do centro, ser actividade propia da Anpa e outros:

– Intercambio a Francia.
– Intercambio a Berlín.
– Intercambio a Londres (English Club, actividade propia).
– Concurso de Robótica (actividade propia).
– Viaxe Europea (Grecia).
– Gradación de Bacharelato.
– Excursión de 4º ESO.

Sen máis, tómase esta decisión a 18 de febreiro do 2019.

SUBVENCIÓN RECIBIDA DO CONCELLO DE OLEIROS

Dende a Anpa IESP Xosé Neira Vilas queremos agradecer ao Concello de Oleiros a súa contribución a que as actividades extraescolares do noso centro poidan desenvolverse a un prezo razoable.

Neste link tedes acceso á resolución do concello que nos concede unha subvención de 1.337,60 € (mil trescentos trinta e sete euros con sesenta céntimos) para o desenvolvemento das ditas actividades.

SUBVENCIÓN ANPA ARCE IES NEIRA VILAS 2018-2019

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

O alumnado de 2º de bacharelato de Historia da Arte estivo o día 7 de marzo de visita en Santiago. O percorrido de día completo permite visitar edificios de diversos estilos artísticos e preparar a proba de ABAU. Este ano a novidade foi poder visitar o Pórtico da Gloria despois de anos pechado por unha restauración que lle devolveu  a súa imaxe máis orixinal.

Seguir lendo SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

8 de marzo: Día Internacional da Muller

O alumnado de 3º de ESO realizou, en colaboración co Departamento de Plástica, un mural conmemorativo do día 8 de marzo, o Día Internacional da Muller.

Esta é a data escollida pola ONU para visibilizar mundialmante as diferenzas entre ambos sexos que existen na sociedade. Para coñecer a orixe desta data, declarada pola ONU como o Día Internacional da Muller en 1975, debemos remontarnos ao 25 de marzo de 1911, ano no que un incendio nunha fábrica terminou coa vida de 123 mulleres e 23 homes  que traballaban en míseras condicións. Seguir lendo 8 de marzo: Día Internacional da Muller

VISITAS DO ALUMNADO DE 2º ESO

O pasado día 26 de febreiro houbo unha saída pola cidade da Coruña do alumnado de 2º ESO. A actividade consistiu nunha visita guiada ao Arquivo do Reino de Galicia, a Fundación Luis Seoane e ao Museo de Belas Artes. A organización correu a cargo da profesora Mar Cuba e do profesor Alberto Pombo e contou coa colaboración de María Dans, Jorge Calle e Agustín Fernández Gago.

 

 

 

 

Podedes ver máis fotos a continuación Seguir lendo VISITAS DO ALUMNADO DE 2º ESO

PREMIO DO “CLUB DE LEONES”

O pasado xoves 21 de febreiro o “Club de Leones” de Oleiros entregou un premio á alumna Sophia Vivas López de 1º da ESO C. Resultou gañadora no concurso plantexado por esta organización e que tiña como lema “Cartel de la Paz”. As representantes do clube que se desplazaron ata o centro explicáronlles brevemente a Sophia e aos seus compañeiros e compañeiras cales son as funcións desta organización que presta axuda preto e lonxe da nosa comunidade. Noraboa Sophía!

Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)