NEIRANAUKAS

O 24 de abril celebrouse no auditorio da Fábrica de Santa Cristina o primeiro Neiranaukas, cunha ampla participación de profesorado,  de alumnado 2°, 3°, e 4° de ESO, de 1º de bacharelato e a excepcional colaboración externa de Deborah García Bello, Xurxo Mariño. Para finalizar contamos coa excelente actuación musical do grupo Theta Vawes, do que forman parte unha alumna de 1º de bacharelato e varios exalumnos do centro. Seguir lendo NEIRANAUKAS

ENTREGA DA XXIV EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO SAN CLEMENTE

O pasado mércores 20 de marzo os alumnos de segundo de Bacharelato Guillermo Huelin, Victoria Prado, Irene Rodríguez e Iris Lopetegui estiveron na entrega da XXIV edición do Premio Literario San Clemente Rosalía – Abanca aos escritores Marcos Calveiro, Pedro Mairal e Han kang.

O acto de entrega tivo lugar no Auditorio Abanca de Santiago. Posteriormente acudiron con todos os participantes a unha cea no Hostal dos Reis Católicos onde compartiron mesa cos escritores premiados. Acompañaron ao noso alumnado os profesores Ana Crego, do departamento de Lingua Galega, Julia Fernández, do departamento de Lingua Castelá, e Carlos Vidal, do departamento de Francés. Máis fotos abrindo o artigo. Seguir lendo ENTREGA DA XXIV EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO SAN CLEMENTE

APOIO AO EQUIPO DIRECTIVO DO NOSO CENTRO

Sentimos informar que o pasado luns 18 de marzo reuniuse o consello escolar en convocatoria extraordinaria e o único punto da orde do día foi a lectura dun comunicado do equipo directivo no que se informaba da dimisión en bloque de todos os seus membros.

Neste comunicado non se deron explicacións das causas da dimisión.

A directiva da Anpa e as dúas representantes das familias no consello escolar queremos mostrar o noso apoio a labor realizada polo equipo directivo.

Xuntamos o manifesto de apoio debidamente asinado e que se enviará ao IES Neira Vilas, ao concello de Oleiros e á Consellería de Educación da Xunta de Galicia a través dos correspondentes rexistros de entrada.

Manifesto de apoio ao equipo directivo

Atentamente,

A Xunta Directiva

Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)